IES Chan Do Monte
Chan do Monte, 23 -MOGOR- 36911-MARÍN
(Pontevedra)
Tel:986.88.33.05 - 986 88.36.79 Fax:986 89.17.37

IES Chan do Monte

Edificio  principalO IES Chan do Monte comezou a súa andaina en 1980 como centro de Formación Profesional de xestión administrativa, electricidade industrial e marítimo pesqueira e, no seu segundo ano de existencia, como primeiro centro de Galiza no que se imparte a especialidade de Informática de xestión. A día de hoxe, imparte Ensinanza Secundaria Obrigatoria, Bacharelatos Tecnolóxico e de Humanidades e Ciencias Sociais, Programas de Iniciación Profesional, ciclos formativos de grado medio de Xestión administrativa, Comercio, Mantemento de servizos a produción de frío e calor e Explotación de sistemas informáticos; ciclos formativos de grado superior de Comercio e márketing, Aplicación de sistemas informáticos, Desenvolvemento de aplicacións informáticas; ensinanza de adultos niveis I, II, III, IV, e oferta modular do ciclo medio de Xestión administrativa e do ciclo superior de Aplicación de sistemas informáticos.

Dispón de un total de 17 aulas; 3 laboratorios de física, química e ciencias naturais; talleres de tecnoloxía da ESO, bacharelatos, ciclos formativos, etc.

Descrición do edificio e do seu contorno

O instituto aséntase na periferia do centro urbano do concello de Marín, apenas un quilómetro de distancia do centro da vila, na parroquia de Mogor, no lugar de Chan do Monte no barrio de San Xurxo a escasos metros da estrada de Marín a Bueu.

Está composto por varios espacios, cunha superficie de 6300m2, dos cales 2000m2 pertencen a edificacións e o resto pertence a zonas deportivas e axardiñadas.

O seu contorno é rural con zonas arboladas e a construcción da zona é básicamente, vivendas unifamiliares.

Parte traseira  Lateral

Acceder ao instituto

O acceso principal realízase por unha pista que parte da estrada comarcal 550, desde o cruce coñecido como "Lavadoiro ou fonte de Mogor" ata o portalón de acceso principal ao recinto (pola fachada lateral dereita) e a unha zona de aparcadoiro (na parte posterior) onde se encontra unha entrada peonil de acceso ao centro.

Ubicación

vista aérea

Ver o mapa no Google map (botón dereito do rato para saber como chegar).

Estructura organizativa

O cadro de persoal está formado polo profesorado adscrito ós departamentos didácticos, coidadora, persoal de administración, conserxes e limpadoras.

Órganos de goberno

Unipersoais: Director, vicedirector, xefe de estudos de diúrno, xefe de estudos de adultos, secretario e xefes de departamento, coordinador da FCT e a coordinadora do Equipo de normalización lingüística.

Colexiados: O consello escolar, constituído por representantes de todos sectores que conforman a comunidade educativa do centro,e claustro de profesores.

Órganos de coordinación docente

Estructura organizativa do alumnado

Titorías e Orientación

Comisións mixtas

Servizos

Asociacións

 

Cofinanciado polo Fondo Social EuropeoXunta de Galicia