IES Chan Do Monte
Chan do Monte, 23 -MOGOR- 36911-MARÍN
(Pontevedra)
Tel:986.88.33.05 - 986 88.36.79 Fax:986 89.17.37

Tradutor de documentos de OpenOffice Writer (ODT) baseado en Opentrad-Apertium


OpenOffice/Abiword | LaTeX | MySQL | Word | Texto | Información | Descarga | Código | Contacto


Introdución

Traducíndote é un programa, realizado en PHP, para traducir arquivos con formato odt de Openoffice. Para iso utiliza o software de tradución Opentrad-Apertium, con licenza GPL, ofrecendo a súa calidade de tradución, sobre todo, en pares de idiomas da península.

Español, galego, catalán, portugués tradúcense cun bo resultado pola similitude, namentres que o paquete catalán-inglés é francamente mellorable porque, ademais das evidentes diferenzas, a súa creación está na fase preliminar.

Teña en conta que os tradutores informáticos sempre son susceptibles de corrección, e debe ser tomada coma unha ferramenta ao uso, previo coñecemento do idioma.

¿Por que non traduce documentos de Microsoft Word?

Moitas versións de Microsoft Word gardan a información dos documentos (de extensión .doc) en formatos propietarios que son difíciles, cando non imposibles, de interpretar por un programador.

Pode visualiza-las instrucións desta páxina para comprobar que é moi sinxelo converter un documento de Word a formato ODT con OpenOffice, e así podelo traducir con este tradutor.

Esta é a limitación que impón os formatos propietarios á programación libre, á interoperatividade das ferramentas, e á capacidade dos pequenos programadores para desenvolver ferramentas innovadoras así que ¡Use OpenOffice! ¡É gratis e libre!

Erros

Hai que engadir que Traducíndote está en fase beta e na súa presentación contén algúns erros coñecidos coma a conversión dalgún carácter especial na súa maioría polo signo de interrogación (?). Poden informarse en Contacto se queren facer un seguimento das melloras do programa ou facernos chegar suxestións ou comentarios.

Privacidade

Pese a que Traducíndote atópase aloxado nun servidor GNU/Linux, e a que os documentos son inmediatamente eliminados cando se efectúa a descarga da copia traducida, non nos facemos responsables dos danos e prexuízos que o seu uso poida xerar en documentos con delicado contido, como datos persoais ou outros documentos que vulneren a súa privacidade.

Debe vostede entender que para facer a tradución, o seu documento viaxará a través de Internet e procesarase no noso servidor. É posible, aínda que pouco probable, que por algún fallo ou ataque en calquera dos sistemas, o seu documento poida ser visto por terceiras persoas. Non envíe, polo tanto, documentos privados para ser traducidos.

Autoría

Traducíndote está desenvolvido por Óscar Hermida López, alumno de segundo curso do ciclo de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas no IES Chan do Monte e de Enxeñería Técnica Informática pola UNED.

O proxecto nace coa necesidade do autor de facer unha extensa tradución ao galego, e foi proposto por Manuel Morán Vaquero, profesor do IES Chan do Monte. Así mesmo, Manuel Morán colaborou no proxecto desde o seu inicio, e fixo a instalación dos servizos precisos para aloxar Traducíndote no IES.

Ademais agradecer o apoio de todo o persoal empregado e directivo do centro, que permitiu o aloxamento e difusión do programa nesta web.

Un agradecemento especial ao artista Xandre Otero polo deseño do logotipo.
Óscar Hermida López - Traducindote v0.80b - Released under the GPL
Cofinanciado polo Fondo Social EuropeoXunta de Galicia