Outras actividades

Confección dunha páxina web

No curso 2003/2004 un grupo de alumnos de 2º de Bacharelato formado por José Pastoriza Fernández, Víctor Santiago del Rosario, Pablo Acuña Blanco e Gonzalo Ezequiel Carballo Machado tiveron a idea de confeccionar unha páxina web sobre a tecnoloxía de bacharelato , coa finalidade de publicala e poñela a disposición de todos os seus compañeiros do instituto.

O proxecto non chegou a materializarse por non dispor de tempo dabondo para a súa realización, ficando en fase de deseño previo, para ser desenvolvida máis adiante.

Deste xeito facemos un recoñecemento ó proxecto deste grupo de alumnos e, seguindo o seu exemplo, os seus actuais compañeiros e os de cursos posteriores traballaremos sobre a mesma idea, mantendo e actualizando a páxina web, dentro das nosas limitadas posibilidades polo extenso programa oficial do bacharelato .

Aquí presentamos unha foto do grupo que tivo a idea de crear unha páxina web sobre Tecnoloxía.

 

No curso 2005/2006 retomouse a idea deste grupo de alumnos, ampliando, actualizando e xestionando a que será a páxina oficial do Departamento de Tecnoloxía, abarcando os niveis de ESO e Bacharelato. Este traballo foi realizado polo alumno de segundo curso Damián Collazo Carregal coa asistencia do profesor da materia, José Luis Piay Guiance.

 

Central solar fotovoltaica

No curso 2005/2006 os alumnos de 1º de Bacharelato coa dirección do profesor da materia, deseñaron e construíron unha pequena estación alimentada con enerxía fotovoltaica capaz de subministrar unha potencia de ata 96W e subministrar corrente continua e corrente alterna a 200V 50Hz, coa que se pode alimentar a meirande parte dos equipos eléctricos e electrónicos dos que dispón a aula de Tecnoloxía.

 

Prácticas de soldadura no taller de Frío

No curso 2006/2007 e coa colaboración do Profesor de Prácticas de Mecanizado, fixéronse exercicios voluntarios para aqueles interesados nas diferentes técnicas de soldadura, utilizando o material do que dispoñen as instalacións do Taller de Mecanizado do Ciclo Formativo de Montaxe e Mantemento de Instalacións de Frio, Climatización e Producción de calor

 

 Seminario permanente, enerxias renovables

Voltar