Currículo Oficial

Ligazón: Currículos educativos

Obxectivos xerais

  • Analizar de forma sistemática aparellos e productos de carácter tecnolóxico, para explica-lo seu funcionamento, posibilidades de emprego, manexabilidade, conservación, calidade e formas de control.

  • Comprender e explica-lo desenvolvemento e a organización de procesos tecnolóxicos, xustificando as técnicas empregadas de acordo cos condicionantes de tipo social (seguridade persoal, medioambiente, etc.) ou de rendibilidade.

  • Valorar con ideas e argumentos, aportados polos coñecementos adquiridos, as repercusións provocadas pola actividade tecnolóxica na calidade de vida, tanto a nivel persoal como social.

  • Analiza-las vantaxes que aporta o emprego de elementos normalizados en todo tipo de aplicacións, centrándose en aspectos de rendibilidade, intercambiabilidade e fiabilidade dos repostos.

  • Comprende-lo papel da enerxía nos diversos procesos tecnolóxicos, as formas de transformala, as aplicacións concretas e a conveniencia do emprego de estratexias de aforro e optimización.

  • Manifestar opinións relativas ós procesos productivos e á calidade dos productos industriais, empregando a terminoloxía, as formas de expresión e representacións gráficas e simbólicas propias dunha linguaxe técnica.

  • Participar na planificación e no desenvolvemento de deseños en equipo, onde se produzan reparto das tarefas, programas para discusión e postas en común planificadas e establecemento de prazos para entrega dos traballos.

  • Deseña-lo esquema básico das diferentes fases que, desde un punto de vista formal, constitúen un proxecto técnico, diferenciando as súas partes e analizando criticamente as mesmas.

  • Intervir con autonomía persoal e confianza para manipular, analizar e volver montar máquinas ou aparellos, unha vez comprendido o seu funcionamento.

Bloques de contidos

Proxectos técnicos. Deseño e comercialización de produtos

Contidos DCB

Secuencia de 1º ano

Secuencia de 2º ano

Contidos conceptuais

  • Normalización.

  • O anteproxecto técnico.

  • O proxecto técnico.

  • A comercialización dos productos. Redes de distribución. Oferta e demanda.

  • Control de calidade e seguimento dos productos comercializados.

  • Proceso cíclico do deseño e mellora dos productos.

Contidos procedementais

  • Empregando diversas fontes, identificación da información máis elemental que se precisa para aborda-la análise e valoración de diferentes modalidades de proxectos.

  • Manipulación de obxectos iguais ou semellantes ós que queremos deseñar, analizando o seu funcionamento, facendo unha descrición do mesmo e razoando a inclusión de posibles melloras.

  • Realización en grupo do estudio dun proxecto, con reparto de tarefas e discusión das decisións adoptadas, respectando os prazos dados para a súa execución.

  • Redacción da memoria e cálculo, co emprego de follas axeitadas, do presuposto correspondente a un proxecto.

  • Elaboración de informes que recollan as características de productos semellantes normalizados e non normalizados, que estean a facerse competencia, identificando as vantaxes en termos de economía e fiabilidade.

  • Planificación e desenvolvemento dun proxecto de deseño e comercialización dun producto.

  • Análise de formas constructivas que, por estar moi experimentadas e ter unha efectividade contrastada, repítense en aparellos de índole moi diversa.

Contidos actitudinais

  • Actitude crítica fronte a tódolos productos do mercado, tratando sempre de valora-las aportacións e diferenciando o realmente importante do superfluo.

  • Valoración da necesidade social de que se coñezan e reclamen os dereitos como usuarios dun servicio ou como consumidores de calquera servicio ou producto.

  • Valoración da necesidade de proceder ordenadamente no desenvolvemento dun proxecto técnico, completando as tarefas e respectando os prazos acordados.

  • Actitude aberta ante as diferentes solucións dadas a un proxecto técnico e as razóns que inflúen na súa elección.

Contidos conceptuais

  • Normalización.

  • O anteproxecto técnico.

  • O proxecto técnico.

  • A comercialización dos productos. Redes de distribución. Oferta e demanda.

  • Control de calidade e seguimento dos productos comercializados.

  • Proceso cíclico do deseño e mellora dos productos.

Contidos procedementais

  • Empregando diversas fontes, identificación da información máis elemental que se precisa para aborda-la análise e valoración de diferentes modalidades de proxectos.

  • Manipulación de obxectos iguais ou semellantes ós que queremos deseñar, analizando o seu funcionamento, facendo unha descrición do mesmo e razoando a inclusión de posibles melloras.

  • Realización en grupo do estudio dun proxecto, con reparto de tarefas e discusión das decisións adoptadas, respectando os prazos dados para a súa execución.

  • Redacción da memoria e cálculo, co emprego de follas axeitadas, do presuposto correspondente a un proxecto.

  • Elaboración de informes que recollan as características de productos semellantes normalizados e non normalizados, que estean a facerse competencia, identificando as vantaxes en termos de economía e fiabilidade.

  • Planificación e desenvolvemento dun proxecto de deseño e comercialización dun producto.

  • Análise de formas constructivas que, por estar moi experimentadas e ter unha fectividade contrastada, repítense en aparellos de índole moi diversa.

Contidos actitudinais

  • Actitude crítica fronte a tódolos productos do mercado, tratando sempre de valora-las aportacións e diferenciando o realmente importante do superfluo.

  • Valoración da necesidade social de que se coñezan e reclamen os dereitos como usuarios dun servicio ou como consumidores de calquera servicio ou producto.

  • Valoración da necesidade de proceder ordenadamente no desenvolvemento dun proxecto técnico, completando as tarefas e respectando os prazos acordados.

  • Actitude aberta ante as diferentes solucións dadas a un proxecto técnico e as razóns que inflúen na súa elección.

Materiais

Contidos DCB

Secuencia de 1º ano

Secuencia de 2º ano

Contidos conceptuais

  • Estado natural, extracción e transformación dos materiais.

  • Materiais compostos.

  • Estructura interna e propiedades dos materiais.

  • Ensaios e medida das propiedades dos materiais.

  • Tratamentos térmicos.

  • Aplicación e elección dos materiais.

  • Formas comerciais.

  • Impacto ambiental producido pola obtención, transformación, elaboración e desfeito dos materiais.

  • Reutilización dos materiais.

  • Normas de seguridade na manipulación dos materiais.

Contidos procedementais

  • Manexo de materiais diversos, para familiarizarse coas propiedades físicas perceptibles de inmediato.

  • Clasificación dos materiais de acordo coas súas propiedades físicas e tecnolóxicas.

  • Observación da execución dun ensaio mecánico, que permita cuantificar e compara-las características mecánicas de diferentes materiais.

  • Observación dun ensaio mecánico de tracción e obtención do límite elástico.

  • Identificación, en función dos medios dispoñibles, de diferentes tipos de residuos, valorando o seu grao de perigosidade e posibles formas de tratamento dos mesmos.

  • Identificación das alteracións do ambiente: ruídos, vibracións ou campos doutro tipo, que prexudican a saúde física e psíquica das persoas.

  • Elaboración de traballos que traten de cuantifica-la cantidade de residuos producidos na localidade polos sectores industrial, de servicios e doméstico.

  • Realización de informes que recompilen e comenten as enfermidades profesionais máis coñecidas, producidas pola extracción ou manipulación dos materiais.

Contidos actitudinais

  • Curiosidade por coñecer e descubri-lo xeito de dar utilidade práctica á maioría dos elementos existentes na natureza.

  • Interese en comprender como se poden formar productos compostos que superen a maioría das boas cualidades dos materiais integrantes.

  • Interese por diferenciar materiais que, con aparencia externa semellante, responden de xeito distinto a certas esixencias mecánicas.

  • Valoración dos ensaios, ós que se deben someter os materiais, que presten funcións de responsabilidade na seguridade e no correcto funcionamento das máquinas, construccións ou instalacións.

  • Interese por descubrir e avalia-los problemas xerados polos residuos.

  • Valoración dos riscos propios do manexo e da transformación de certos materiais, e interese polo emprego das técnicas de seguridade e hixiene axeitadas.

  • Priorización na conservación do medio sobre melloras ou beneficios sectoriais.

Contidos conceptuais

  • Estado natural, extracción e transformación dos materiais.

  • Propiedades físicas, químicas e tecnolóxicas dos materiais máis importantes.

  • Materiais simples e compostos.

  • Ensaios e medida das propiedades dos materiais.

  • Aplicación e elección dos materiais máis comúns.

  • Formas de presentación dos materiais comerciais.

  • Impacto ambiental producido pola obtención, transformación. elaboración e desfeita dos materiais.

  • Normas de seguridade na manipulación dos materiais.

Contidos procedementais

  • Manexo de materiais diversos, para familiarizarse coas propiedades físicas perceptibles de inmediato.

  • Clasificación dos materiais de acordo coas súas propiedades físicas e tecnolóxicas.

  • Observación e análise de ensaios das propiedades tecnolóxicas básicas dos materiais.

  • Elaboración de traballos que traten de cuantifica-la cantidade de residuos producidos na localidade polos sectores industrial, de servicios e doméstico.

  • Realización de informes que recompilen e comenten as enfermidades profesionais máis coñecidas, producidas pola extracción dos materiais.

Contidos actitudinais

  • Curiosidade por coñecer e descubri-lo xeito de dar utilidade práctica á maioría dos elementos existentes na natureza.

  • Interese en comprender como se poden formar productos compostos que superen a maioría das boas cualidades dos materiais integrantes.

  • Interese pola realización ou observación dos ensaios ós que se deben someter os materiais que se utilizan en máquinas, construccións ou instalacións.

  • Valoración dos riscos propios do manexo e da transformación de certos materiais, e interese polo emprego das técnicas de seguridade e hixiene axeitadas.

  • Priorización na conservación do medio sobre melloras ou beneficios sectoriais.

Contidos conceptuais

  • Materiais compostos.

  • Estructura interna e propiedades dos materiais.

  • Ensaios e medida das propiedades dos materiais. Máquinas e procedementos máis empregados para valoración das propiedades tecnolóxicas dos materiais.

  • Tratamentos térmicos e propiedades que outorgan ós materiais.

  • Aplicación e elección dos materiais.

  • Reutilización dos materiais.

  • Normas de seguridade na manipulación dos materiais.

Contidos procedementais

  • Manexo de mostras de metais diversos, aleados e non aleados, con ou sen tratamentos.

  • Clasificación dos materiais de acordo coas súas propiedades físicas e tecnolóxicas.

  • Observación ou realización de ensaios mecánicos de tracción e obtención do límite elástico.

  • Identificación, en función dos medios dispoñibles, de diferentes tipos de residuos, e realización de informes valorando o seu grao de perigosidade e as posibles formas de tratamento dos mesmos.

  • Identificación das alteracións do ambiente: ruídos, vibracións ou campos doutro tipo, que prexudican a saúde física e psíquica das persoas.

  • Realización de informes que recompilen e comenten as enfermidades profesionais máis coñecidas, producidas pola elaboración dos materiais ou pola manipulación de residuos.

Contidos actitudinais

  • Curiosidade por coñecer e descubri-lo xeito de dar utilidade práctica á maioría dos elementos existentes na natureza.

  • Interese en comprender como se poden formar productos compostos que superen a maioría das boas cualidades dos materiais integrantes.

  • Interese por diferenciar materiais que, con aparencia externa semellante, responden de xeito distinto a certas esixencias mecánicas.

  • Valoración dos ensaios ós que se deben someter os materiais dos que dependa a seguridade no funcionamento das máquinas, construccións ou instalacións.

  • Interese por descubrir e avalia-los problemas xerados polos residuos.

  • Valoración dos riscos propios do manexo e da transformación de certos materiais, e interese polo emprego das técnicas de seguridade e hixiene axeitadas.

  • Priorización na conservación do medio sobre melloras ou beneficios sectoriais.

Elementos e principios de máquinas

Contidos DCB

Secuencia de 1º ano

Secuencia de 2º ano

Contidos conceptuais

  • Máquinas e sistemas mecánicos. Transmisión e transformación de movementos. Soporte e unión de elementos.

  • Elementos dos circuítos eléctricos. Simboloxía eléctrica básica.

  • Motores eléctricos. Tipos e aplicacións.

  • Motores térmicos, hidráulicos, turbinas e bombas. Aplicacións.

  • Circuítos frigoríficos. Tipos e aplicacións.

  • Rendemento das máquinas. Potencia indicada, absorbida e útil. Par motor.

Contidos procedementais

  • Montaxe e experimentación de circuítos eléctricos.

  • Deseño, montaxe e experimentación de mecanismos característicos.

  • Manexo de aparellos eléctricos e mecánicos de medida.

  • Lectura e interpretación de esquemas básicos.

  • Emprego de mecanismos sinxelos con diferentes elementos de unión, nos que se proceda a desmontalos e montalos posteriormente, unha vez elaborada unha memoria descritiva que especifique, co vocabulario técnico axeitado, os elementos funcionais e secundarios.

  • Manipulación de motores, preferiblemente seccionados, que permita a observación dos movementos e, consecuentemente, diferencia-los distintos ciclos.

  • Observación directa do funcionamento de bombas centrífugas, turbinas hidráulicas e de vapor e asociación destas máquinas con aplicacións concretas.

  • Selección do motor máis axeitado para unha aplicación concreta.

  • Realización dun estudio que valore tódalas aportacións das máquinas frigoríficas á sociedade actual.

  • Elaboración de informes que describan o funcionamento e valoren os parámetros relativos á enerxía consumida e á potencia transmitida por unha máquina.

Contidos actitudinais

  • Interese por participar activamente na execución de montaxes e desmontaxes de máquinas diversas, valorando a necesidade da seguridade por medio de métodos ordenados e previamente estudiados.

  • Curiosidade por introducirse no mundo de máquinas menos comúns.

  • Valoración da importancia da transformación de enerxía eléctrica en mecánica e da elección do motor máis axeitado a cada aplicación.

Contidos conceptuais

  • Máquinas e sistemas mecánicos. Transmisión e transformación de movementos. Soporte e unión de elementos.

  • Elementos dos circuítos eléctricos. Simboloxía eléctrica básica.

  • Rendemento. Perdas de enerxía en mecanismos e en circuítos eléctricos. Potencia.

Contidos procedementais

  • Montaxe e experimentación de circuítos eléctricos básicos.

  • Deseño, montaxe e experimentación de mecanismos característicos.

  • Manexo de aparellos eléctricos e mecánicos de medida.

  • Lectura e interpretación de esquemas básicos.

  • Identificación dos elementos funcionais e secundarios de mecanismos sinxelos con diferentes elementos de unión.

Contidos actitudinais

  • Interese pola montaxe e desmontaxe de máquinas diversas, valorando a necesidade da seguridade por medio da utilización de métodos ordenados e previamente estudiados.

  • Curiosidade polo funcionamento dos mecanismos e circuítos eléctricos menos comúns.

  • Valoración da importancia do rendemento nos mecanismos e elementos dos circuítos eléctricos.

Contidos conceptuais

  • Motores eléctricos. Tipos e aplicacións.

  • Motores térmicos, hidráulicos, turbinas e bombas. Aplicacións.

  • Circuítos frigoríficos. Tipos e aplicacións.

  • Rendemento das máquinas. Potencia indicada, absorbida e útil. Par motor.

Contidos procedementais

  • Manexo de aparellos eléctricos e mecánicos de medida.

  • Lectura e interpretación de esquemas básicos.

  • Identificación dos elementos funcionais e secundarios de mecanismos sinxelos, con diferentes elementos de unión, nos que se proceda a desmontalos e montalos, e elaboración de memorias descritivas que os describan co vocabulario técnico axeitado.

  • Observación, identificación de movementos e diferenciación dos distintos ciclos en motores, preferiblemente seccionados.

  • Observación do funcionamento de bombas centrífugas, turbinas hidráulicas e de vapor e asociación destas máquinas con aplicacións concretas.

  • Selección do motor máis axeitado para unha aplicación concreta.

  • Realización de estudios que valoren as aportacións das máquinas frigoríficas á sociedade actual.

  • Cálculo dos parámetros relativos á enerxía consumida e á potencia transmitida por unha máquina.

Contidos actitudinais

  • Interese pola montaxe e desmontaxe de máquinas diversas, valorando a necesidade da seguridade, utilizando métodos ordenados e previamente estudiados.

  • Curiosidade polo funcionamento e aplicacións das máquinas menos comúns.

  • Valoración da importancia da transformación de enerxía eléctrica en mecánica e interese na elección do motor máis axeitado a cada aplicación.

Procedementos de fabricación

Contidos DCB

Secuencia de 1º ano

Secuencia de 2º ano

Contidos conceptuais

  • Factores que inflúen na elección dun proceso.

  • Técnicas de fabricación con máquinas e de ferramentas. Conformado, mecanizado e unión de pezas.

  • Prevención de accidentes no manexo de máquinas e de ferramentas.

  • Impacto ambiental derivado dos procesos de fabricación.

Contidos procedementais

  • Clasificación de procedementos de fabricación dalgúns productos, valorando a calidade do proceso, o custo da producción e o impacto medioambiental.

  • Comparación entre diferentes procedementos cos que sexa posible a fabricación dun obxecto.

  • Manexo de ferramentas empregadas para a execución de mecanizados manuais.

  • Utilización de catálogos e prontuarios de productos semielaborados e acabados, seleccionando as especificacións adecuadas para a súa adquisición.

  • Elaboración de informes a partir da observación directa ou indirecta de diferentes técnicas de fabricación e da análise dos obxectos producidos.

Contidos actitudinais

  • Valoración da necesidade de emprega-los medios de protección e de prevención das enfermidades profesionais e accidentes.

  • Actitude crítica sobre as características e a calidade de productos industriais de uso cotián e interese por aportar solucións alternativas.

  • Criterios de uso e mantemento de ferramentas.

Recursos enerxéticos

Contidos DCB

Secuencia de 1º ano

Secuencia de 2º ano

Contidos conceptuais

  • Fontes enerxéticas.

  • Obtención e transporte de productos enerxéticos.

  • Centros para producción e transformación da enerxía eléctrica.

  • Aplicacións da enerxía.

  • Impacto ambiental producido na obtención da enerxía eléctrica.

  • Consumo enerxético. Optimización do consumo. Técnicas de aforro.

Contidos procedementais

  • Elaboración de traballos que aborden a influencia do consumo enerxético na calidade de vida e o seu impacto ambiental.

  • Cálculo do custo da enerxía consumida nunha vivenda ou edificio, suxerindo técnicas alternativas de aforro.

  • Montaxe e experimentación de instalacións sinxelas de transformación da enerxía.

Contidos actitudinais

  • Curiosidade polo descubrimento das enerxías consideradas ata agora como alternativas e as súas posibilidades futuras.

  • Preocupación polo impacto que sobre o ambiente pode producir, tanto a explotación como o transporte e consumo de productos enerxéticos.

  • Valoración da conveniencia de facer un gasto moderado da enerxía.

Sistemas automáticos

Contidos DCB

Secuencia de 1º ano

Secuencia de 2º ano

Contidos conceptuais

  • Sistemas de control. Estructuras de lazo aberto e realimentado.

  • Elementos dos sistemas de control. Sensores. Captadores de sinal. Actuadores.

  • Unidades de control. Tipos.

  • Control de variables lóxicas. Control eléctrico.

  • Control de variables analóxicas. Reguladores.

Contidos procedementais

  • Identificación, en exemplos concretos, dos elementos de sistemas sinxelos de control.

  • Montaxe de automatismos eléctricos con relés (arrancador estrela-triángulo, inversor de xiro, etc.).

  • Experimentación con reguladores en circuítos sinxelos de control (regulación da velocidade dun motor eléctrico, da intensidade luminosa dunha lámpada, da temperatura dun forno, etc.).

Contidos actitudinais

  • Interese pola realización de montaxes experimentais con circuítos de control.

  • Curiosidade por coñece-los distintos elementos que compoñen un sistema de control automático e as súas aplicacións prácticas.

  • Valoración da importancia da utilización de sistemas automáticos de control (tráfico, polución, seguridade de instalacións e de persoas, etc.).

  • Intervir, con autonomía e confianza, no axuste de sistemas básicos de control.

Circuítos pneumáticos e óleo-hidráulicos

Contidos DCB

Secuencia de 1º ano

Secuencia de 2º ano

Contidos conceptuais

  • Elementos dos circuítos hidráulicos. Actuadores, reguladores e dispositivos de control.

  • Elementos dos circuítos pneumáticos.

  • Fluídos para circuítos oleohidráulicos e pneumáticos. Técnicas de producción e de depuración.

  • Simboloxía pneumática e hidráulica. Normalización.

  • Circuítos característicos de aplicación.

Contidos procedementais

  • Identificación dos elementos de sistemas hidráulicos e pneumáticos.

  • Interpretación de esquemas oleoneumáticos e hidráulicos básicos, realización da montaxe correspondente e modificación da secuencia de funcionamento.

  • Obtención das dimensións do actuador en función dos esforzos útiles, tempos concedidos, perdas de carga na alimentación e efectos inerciais.

Contidos actitudinais

  • Valoración das vantaxes e inconvenientes do emprego de circuítos hidráulicos e pneumáticos nos procesos automatizados.

  • Interese pola evolución histórica dos circuítos hidráulicos e pneumáticos e a súa aportación na automatización de procesos en ambientes moi adversos.

Control e programación de sistemas automáticos

Contidos DCB

Secuencia de 1º ano

Secuencia de 2º ano

Contidos conceptuais

  • Dispositivos electrónicos básicos. Circuítos integrados lineais.

  • Circuítos integrados dixitais. Funcións lóxicas, simplificación de funcións lóxicas, bloques combinacionais. Elementos dos circuítos secuenciais. Diagrama de fases.

  • Memorias e microprocesadores. Microcontroladores.

  • Sistemas electrónicos de control. Autómatas programables.

Contidos procedementais

  • Montaxe de circuítos sinxelos, utilizando dispositivos electrónicos e circuítos integrados lineais.

  • Montaxe de aplicacións básicas con circuítos lóxicos combinacionais e secuenciais.

  • Programación dun autómata programable para aplicacións de control que utilicen funcións lóxicas e funcións de reconto e de temporización.

  • Programación por ordenador dun autómata programable para o control de maquetas sinxelas (cinta transportadora, ascensor ou sistema similar).

Contidos actitudinais

  • Interese pola evolución tecnolóxica dos dispositivos electrónicos e valoración da súa influencia na optimización dos sistemas de control automáticos.

  • Valoración das vantaxes dos sistemas de control electrónicos fronte ós sistemas de control pneumáticos e hidráulicos.

  • Valoración da potencialidade que lle aporta o ordenador ó control automático centralizado.

  • Aplicación das técnicas de deseño de circuítos combinacionais e secuenciais ó control de dispositivos mecánicos ou eléctricos sinxelos e á realización de circuítos secuenciais de secuencia fixa.

  • Programación dun autómata programable para aplicacións de control que utilicen funcións lóxicas e funcións de reconto e de temporización.

  • Programación por ordenador dun autómata programable para o control de maquetas sinxelas (cinta transportadora, ascensor ou sistema similar).

Contidos actitudinais

  • Interese pola evolución tecnolóxica dos dispositivos electrónicos e valoración da súa influencia na optimización dos sistemas de control automáticos.

  • Valoración das vantaxes dos sistemas de control electrónicos fronte ós sistemas de control pneumáticos e hidráulicos.

  • Valoración da potencialidade que lle aporta o ordenador ó control automático centralizado.

Criterios de avaliación

Criterios DCB

Secuencia de 1º ano

Secuencia de 2º ano

  • Describi-lo material e os posibles procesos de fabricación que permitan acadar un determinado producto presentado como mostra, facendo unha estimación dos custos de fabricación, problemas de uso e as repercusións que, sobre o medioambiente, poden provocar, tanto os procesos de extracción-elaboración como os residuos que xeran.

    Con este criterio preténdese verificar se os alumnos e as alumnas son capaces de deducir algún dos procesos técnicos, que probablemente foron empregados na elaboración dalgún producto tecnolóxico, e facer xuízos de valor sobre aspectos sociais, seguridade, ou calquera outro en relación coa súa producción e manexo.

  • Identifica-los elementos funcionais dun producto técnico de uso común que estea composto de varias pezas, observando as diferencias entre estes en canto que inflúen no seu funcionamento e na súa duración.

    Con este criterio preténdese verificar se os alumnos e as alumnas son capaces de desmontar un conxunto, diferenciando cales son funcionalmente os subconxuntos e pezas principais e secundarias, que partes destas inflúen directamente no funcionamento e que partes serven exclusivamente para armar estructuralmente o artefacto e facer posible o seu uso.

  • Valora-la influencia provocada por un producto ou servicio de uso cotián sobre a calidade de vida, formulando posibles alternativas para a mellora do mesmo.

    Con este criterio trátase de que os alumnos e as alumnas sexan capaces de valorar equilibradamente as vantaxes e inconvenientes que, a nivel social, xeran as actividades técnicas, obtendo unha maior capacidade para atopar solucións, tanto de carácter técnico como de outro tipo, co emprego de materiais, principios de funcionamento e técnicas de producción diferentes, ou ben modificando, por exemplo, a súa colocación, as formas de uso e manexo, os hábitos de consumo existentes, etc.

  • A partir da representación esquemática dunha aplicación característica, face-la montaxe dun esquema eléctrico e, a ser posible, doutro pneumático ou hidráulico.

    Preténdese comprobar se os alumnos e as alumnas son capaces de interpreta-lo plano dunha instalación, seleccionando tódolos compoñentes representados simbolicamente no esquema, para facer cos mesmos unha montaxe sobre unha plataforma que permita simular un circuíto con algunha aplicación práctica.

  • Calcular, a partir dunha información facilitada, o custo enerxético do funcionamento dun centro docente ou dunha vivenda, aportando suxestións sobre posibles técnicas de aforro.

    Con este criterio trátase de valorar se os alumnos e as alumnas son capaces de estima-lo custo económico do consumo enerxético cotián de diferentes tipos de fontes luminosas, empregando documentación comercial que lles permita orientarse: facturas, catálogos de características técnicas, listas de prezos, eficiencia luminosa, etc., chegando a suxerir razoadamente formas de aforro derivadas do estudio da citada información.

  • Aportar e argumentar ideas e opinións propias ó equipo de traballo no que estea integrado, sendo capaz de valorar e de adoptar ideas alleas.

    Trátase de valora-la capacidade dos alumnos e das alumnas de contribuír co seu esforzo persoal nunha tarefa de grupo, tomando iniciativas para expoñer e defende-las formulacións propias, e sendo capaz de mostrar flexibilidade e receptividade coas opinións dos restantes membros do grupo.

  • Elaborar un proxecto técnico sinxelo que inclúa unha memoria, estudio do equipamento a empregar e valoración do custo a precios de mercado.

    Con este criterio preténdese comprobar se os alumnos e as alumnas son capaces de coñecer e de comprende-las diferentes fases de elaboración dun proxecto técnico, desde a recollida de información e o estudio do anteproxecto, ata a elaboración, compartida en grupo, dos diferentes documentos dun proxecto técnico, comprendendo a interdependencia entre as partes de que está composto (memoria-cálculos, planos, presuposto e prego de condicións).

  • Selecciona-los materiais para unha aplicación práctica determinada, considerando, xunto as súas propiedades intrínsecas, factores técnicos, económicos e medioambientais.

    Trátase de verificar se os alumnos e as alumnas saben aplica-los conceptos relativos á estructura interna e as técnicas de ensaio e medidas das propiedades, coa finalidade de selecciona-lo material idóneo para unha aplicación real, conxugando con criterios de equilibrio os diversos factores que caracterizan dita situación.

  • Describir un procedemento de control e medida das características dunha máquina ou instalación, en condicións nominais e de uso normal.

    Preténdese verificar se os alumnos e as alumnas son capaces de identifica-los parámetros principais de funcionamento dunha máquina ou instalación, en réxime normal, e de compara-lo comportamento de dispositivos similares, someténdoos a probas metódicas que lles permitan obter unha opinión propia do producto.

  • Analiza-la composición dunha máquina ou sistema automático de uso común, identificando os elementos de mando, control e potencia.

    Este criterio trata de comprobar se os alumnos e as alumnas son capaces de identificar, nun aparato medianamente complexo, os elementos que desempeñan as funcións principais e, entre eles, os responsables do control e, no seu caso, a programación do seu funcionamento.

  • Aplica-los recursos gráficos e verbais apropiados á descrición da composición e do funcionamento dunha máquina, dun circuíto ou dun sistema tecnolóxico concreto.

    Trátase de valorar en que medida os alumnos e as alumnas utilizan un vocabulario axeitado, así como os coñecementos que teñen sobre simboloxía e representación normalizada de circuítos, representación esquemática de ideas, relacións entre elementos e secuencias de efectos nun sistema.

  • Montar e comprobar un circuíto de control automático dun sistema a partires do plano ou do esquema dunha aplicación característica.

    Preténdese comprobar se os alumnos e as alumnas son capaces de interpreta-los esquemas de conexións de circuítos de control electromecánico, electrónico, pneumático e hidráulico, de seleccionar e de conectar correctamente os compoñentes e de verifica-lo seu funcionamento.

  • Empregar un vocabulario adecuado para describi-los útiles e técnicas empregadas nun proceso de producción ou na composición dun artefacto ou instalación técnica de uso común.

    Trátase de verificar se os alumnos e as alumnas saben utiliza-lo vocabulario técnico para describir con precisión materiais, procesos, ferramentas e instrumentos de medida, así como o funcionamento dos dispositivos e sistemas eléctricos, mecánicos, hidráulicos e pneumáticos, e as técnicas e os dispositivos de control de uso común.

  • Aportar e argumentar ideas e opinións propias ó equipo de traballo no que estea integrado, sendo capaz de valorar e de adoptar ideas alleas.

    Trátase de valora-la capacidade dos alumnos e das alumnas de contribuír co seu esforzo persoal nunha tarefa de grupo, tomando iniciativas para expoñer e defende-las formulacións propias, e sendo capaz de mostrar flexibilidade e receptividade coas opinións dos restantes membros do grupo.

  • Selecciona-los materiais para unha aplicación práctica determinada, considerando, xunto as súas propiedades intrínsecas, factores técnicos, económicos e medioambientais.

    Trátase de verificar se os alumnos e as alumnas saben aplica-los conceptos relativos á estructura interna e as técnicas de ensaio e medidas das propiedades, coa finalidade de selecciona-lo material idóneo para unha aplicación real, conxugando con criterios de equilibrio os diversos factores que caracterizan dita situación.

  • Deseñar e describir un procedemento de control e medida das características dunha máquina ou instalación, en condicións nominais e de uso normal.

Voltar