Páxina de inicio
Descrición do centro
Datos de contacto
Programación anual
Instalacións
Software Libre
A nosa oferta
E.S.O.
Bacharelatos
Ciclos Medios
Ciclos Superiores
Oferta modular
E.P.A.
Garantía Social
Inscrición e Matrícula
Validacións
Principal
Dirección
Xefatura de estudios
Actividades
Secretaría
Boletíns Oficiais
Servizos Informáticos
Cursos formación
Orientación
Profesores
Proxectos europeos
FCT
Alumnado
Bolsa de traballo
Bolsa de traballo
LABIRINTO Nº2. CURSO 2006-2007
COORDINACIÓN: ENL DO IES CHAN DO MONTE
DESEÑO: CRISTIAN A. FERNÁNDEZ
Queremos facervos partícipes do traballo desenvolvido durante o curso 2006/07 na realización do segundo número da revista do noso instituto: O labirinto. Aquí tedes un pequeno resumo dos contidos e a posibilidade de baixar a revista da rede, enteira ou por partes.
A revista completa en pdf é grande, ocupa sobre 10 MBytes, e pode tardar moito tempo en baixar. Se non tes unha liña rápida e non queres pasar moito tempo esperando, é mellor que baixes só as seccións que máis te poden interesar.
O labirinto é un símbolo común a moitas culturas e teno sido por miles de anos. Cando Teseo matou ao Minotauro venceu á besta no corazón da escuridade e creou un mito todavía vivo e en evolución. Os mosaicos romanos a miúdo presentaban os labirintos como cidades fortificadas, mentres que na Europa medieval simbolizaban o camiño único e verdadeiro para acadar a salvación cristiá. Tamén teñen sido utilizados para cerimonias, danzas e xogos.
A creación dun labirinto no noso centro, levada a cabo polos alumnos de 3º na asignatura de Alternativa ás Relixións, conseguiu introducir aos alumnos na tradición laberíntica universal, á vez que aprenderon a traballar en grupo para acadar un fin común, apreciando o que cada un pode ofrecer, recoñecendo a cada membro do grupo como parte necesaria deste sen perderen a súa identidade. Iniciáronse tamén na reciclaxe de productos de uso cotíá, as latas de refrescos, cun fin académico, artístico e ético.
A actividade foi moi satisfactoria para os que elaborámos o labirinto
pola consecución total do proxecto, tras máis de tres meses de traballo, e por podelo compartir cos outros membros da comunidade escolar ofrecéndolles a posibilidade de percorrelo e de facer as actividades preparadas, vivenciando así o concepto de arte colectivo.
Un día un home mercou un par de zapatos.
Andou e andou sen descanso, e cando se lle
desgastaron as solas, comprou outro par e
seguiu andando.
Miriam Ferradanes (1º B)
A vida é nacer, crecer e morrer. ¿Quen será o guapo que vai
desobedecer?Ada Beitia (1ºA)
Permítese por orde da Alcaldía
aparcar onde veña en gana,
e aos profesores aprobar alumnos pola cara.
Dende agora permítese non ir ao lavabo,
onde fagan as súas necesidades,
tráenos sen coidado.
....Daniel Omil Carracelas
A muller sorriu e púxose a cantar. A súa voz non era ningunha marabilla, pero a melodía era a mesma que recordaba da súa nai. Soín calou e Xulio, farto de estar calado, berrou:
- Señora Claudia! Estes están todos tolos! Marchemos! Ademais, o seu tío non anda por aquí, segundo me acaban de informar.
- Cala, estúpido! Que saberás ti? Eu lembro esa canción! Pero cóntame máis, vella.
- Que máis queres oír, nena? Que a túa nai era unha morena de ollos case granate e sorriso luminoso, que posuía unha voz capaz de amansar o máis fero lobo das montañas? Ela foi a nosa xefa, a última e a mellor. Morreu no monte Medulio, tan nova que non se podería dicir que tivese vivido. Eu sobrevivín
ó suicidio colectivo que alá houbo, pois a maldita raíz de teixo que traguei non me matou. E a ti debeuche pasar o mesmo.Claudia creulle o que dicía.
Tres semanas despois da súa marcha, a moza volveu á súa antiga casa para despedirse do seu pai adoptivo. O romano pediulle que non lle gardase rancor por ter tido parte na derrota de Gallaecia. Ela deulle o seu perdón e soubo que sempre gardaría del un bo recordo.
Toda a vida sendo romana, amando a quen cría que era seu pai. Claudia renunciou ás riquezas e ao seu pobo adoptivo tan só pola memoria da súa defunta nai. E mergullada no pasado,
agarda agora que os galegos non esquezan a súa terra nin a memoria dun pobo que noutros tempos preferiu morrer a ser escravo.“Ollar para min
señores do novo tempo
lembrade sen esquecer
as loitas por estes tempos
soñade sen sono
aquilo que xa esquecestes
un feudo de reis
son o voso castelo
paredes feitas de historias
son o modelo
de todas as vosas memorias
agora mirádesme de esguello
son só a pena
coa que alguén escribiu
que vos dá inmortalidade.”
Antía Solla Ferradanes 3ºB
THE TRUE LOVE
The night falls
and the dreams arrive,
She falls asleep
and he appears in her dreams,
The perfect boy.
She´s happy and he´s too,
but the day returns
and they have to separate them.
The night returns,
and with the night, the dreams,
with the dreams, the perfect boy,
and with the perfect boy, the happiness.
Their love is a gentle fire
that it can´t be extinguished.Lucía 2B
O noso IES conta con máis de 200 PCs repartidos ao longo de varias decenas de estancias e somos case 700 usuarios os que os usamos activamente, entre profesores e alumnos.
Un alumno de 2º curso do Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas programou, usando software libre, un tradutor de documentos entre varias linguas do estado.
A vantaxe deste tradutor fronte aos que existían anteriormente, é que pode traducir documentos sen alterar o seu formato (tipos de letra, imaxes, etc) O programa está baseado no tradutor de software libre Opentrad-Apertium e pode traducir documentos ODT (formato OpenOffice.org). Ademais, nunha etapa posterior ampliouse para que puidese traducir ademais os formatos: Calc, Draw, Impress, Math, Abiword, LaTeX e MySQL.
Este curso puxemos a andar dende a biblioteca unha serie de actividades de fomento da lectura. Unha delas, que se prolongou durante todo o curso, foi o maratón “¿Quen é o máis león/leoa?”.
Entroido, día da muller traballadora, fin de curso, .....

Atoparás toda a información sobre os distintos programas europeos que se poden solicitar e información das actividades que se están a desenvolver no instituto
![]()
Pois eso, imáxenes de algunos rapaces do instituto. O mellor de cada casa.
Atopa os teus profesores entre estes rapaciños
