IES Chan Do Monte
Chan do Monte, 23 -MOGOR- 36911-MARÍN
(Pontevedra)
Tel:986.88.33.05 - 986 88.36.79 Fax:986 89.17.37

Programas europeos

Dentro de esta sección atoparás toda a información sobre os distintos programas europeos que se poden solicitar, xunto coa información das actividades que se están a desenrolar no noso instituto.

A idea xurdiu no curso 2005-2006 cando uns alumnos de ciclos formativos propuxeron o seu desexo de quer facer prácticas complementarias en empresas no estranxeiro.

A partir de ahí comenzamos a traballar un equipo de profesores formados por Marta Pollán Guisasola, Mª José Galán López e por Yolanda García Ulla.

Resultado dese traballo presentamos 3 proxectos de estadías formativas de alumnos en Irlanda, Inglaterra e Polonia e 1 proxecto de Visita Preparatoria dun profesor a Polonia.

Estes proxectos saíron aprobados pola Consellería de Educacion no DOG do 27 de Xuño de 2006.

A partir de ahí empezouse a mover mais temas e a día de hoxe está en proxecto o presentar un proxecto Leonardo da Vinci e un proxecto Comenius para o vindeiro ano, e tamén está solicitado o Plan de Potenciación Lingüística no idioma inglés para o curso 2006-2007, e se nolo aproban non esquezas de mirar o taboleiro para inscribirte neste programa.

Coordinación e contacto

Subir

¿Qué son os Programas Europeos?

Con este termo englobamos a unha serie de axudas e actividades convocadas ben pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia o ben polo MEC, coa co-financiación da Unión Europea, que están dirixidas tanto a alumnos de ESO e Bacharelato como de Ciclos Formativos así como para o profesorado do centro.

Existen moitas tipos de axudas que se poden solicitar e co tempo a nosa idea e ir presentándonos a varios proxectos de xeito que estos programas pasen a formar parte, como valor engadido, da ensinanza impartida no noso centro.

Subir

Prácticas Complementarias no Estranxeiro

Está dirixida a tódolos alumnos de Ciclos Formativos que se imparten no centro.

Estableceranse uns criterios para seleccionar os alumnos para facer prácticas no estranxeiro, baseándose no seu expediente académico e o seu coñecemento dun idioma estanxeiro.

O período de duración ten que estar comprendido entre 2 e 6 semanas, e a axuda concedida vai en función da duración da estadía e do país de destino.

Podedes obter maís información no seguintes enlaces:

Fin do prazo en 2006: 31 de marzo.

Subir

Plan de Potenciación Lingüística

O Plan de Potenciación Lingüística ten dúas modalidades:

1. Dirixida a alumnos de ciclos formativos tanto de grao medio como superior que desexen potenciar a aprendizaxe de línguas estranxeiras a través dunhas clases de reforzo.

O fin é permitir que os alumnos dos ciclos formativos desenvolvan as capacidades comunicativas necesarias para formentar e asegura-la posibilidade de mobilidade laboral que lles permita competir no mundo laboral con outros cidadáns da Unión Europea.

Ademais para aqueles alumnos que desexen participar en calquer programa europeo ou intercambio lingüístico que vaia a orgaizar o instituto sería requisito indispensabel participar neste plan.

Cada alumno só podería asistir a unha língua.

As clases de reforzo consistirían en 3 sesións semanais fora do hora lectivo, e terían lugar en horario de tarde, o día comunicaríase ó comenzo do curso escolar. Escolleríase un horario no que poideran participar tódolos alumnos de ciclos formativos, tantos os da quenda de diurno como os da oferta modular.

2. Dirixida a profesores de tódalas especialidades, tanto do centro como doutros centros.

O fin é a adquisición de competencias concretas (comprensión e expresión oral e escrita) de xeito xeral ou ligadas a unha determinada especialidade profesional.

As clases de reforzo consistirían en 2 sesións semanais fora do hora lectivo, e terían lugar en horario de tarde, o día comunicaríase ó comenzo do curso escolar. Escolleríase un horario no que poideran participar tódolos profesores,tantos os da quenda de diurno como os de nocturno.

Podedes obter maís información no seguinte enlace: Plan de potenciación lingüística.

 Fin do prazo en 2006: 30 de xuño.

Subir

Programa Leonardo da Vinci

Este é un programa que convoca o Ministerio de Educación que está dririxido a alumnos de Ciclos Formativos e que permite facer tódala FCT no estranxeiro.

O Leonardo solicítase dun ano para outro, quero decir, que se solicita no ano 2007 as axudas as conceden para facer a FCT no ano 2007.

Estableceranse uns criterios para seleccionar os alumnos para facer a FCT no estranxeiro, baseándose no seu expediente académico e o seu coñecemento dun idioma estanxeiro.

Podedes obter maís información no seguinte enlace: Programa Leonardo.

Fin do prazo en 2006: 10 de febreiro.

Subir

Seccións Europeas

 Unha sección europea é a organización da ensinanza dunha materia non lingüística da educación secundaria obrigatoria ou do bacharelato, ou dun módulo da formación profesional específica, que se cursa de xeito bilingüe, en galego ou castelán, segundo corresponda de acordo coa normativa vixente en materia de normalización lingüística, e nunha lingua estranxeira falada na Unión Europea.

A súa finalidade é reforzar as aprendizaxes da língua estranxeira a través da incorporación parcial do seu uso como vehículo de comunicación na materia ou módulo na que se desenvolve, así como a adquisición da terminoloxía específica.

Podedes obter maís información no seguinte enlace: Convocatoria seccións europeas.

Fin do prazo en 2006: 30 de maio.

Subir

Intercambios Lingüísticos Profesores e Alumnos

 Esta convocatoria inclue catro modalidades:

Podedes obter maís información no seguinte enlace: Intercambios lingüísticos.

 Fin do prazo en 2006: 20 de febreiro.

Subir

Inmersión Lingüística ESO e Bacharelato

O programa consiste na estadía de 1 mes de duración na Gran Bretaña, Irlanda e Francia.

 Estas actividades de formación teñen como obxecto mellorar a competencia no uso de linguas estranxeiras: inglés e francés para o alumnado.

 Poderá solicitar a participación en actividades de formación para a mellora da competencia no uso de linguas estranxeiras o alumnado dos cursos 4º e 3º da ESO, nesta orde. De non cubrirse o número de prazas ofertadas poderá participar o alumnado do 1º curso de bacharelato e de 2º da ESO, nesta orde.

Na baremación para a concesión puntúasen as condicións económicas e hai que ter unha nota media igual ou superior a 6 na asinatura do idioma que se solicita no curso anterior.

Podedes obter maís información no seguinte enlace: Inmersión lingüística.

Fin do prazo en 2006: 2 de xullo.

Subir

 

Cofinanciado polo Fondo Social EuropeoXunta de Galicia