Procedemento para convocatoria de Bolsas para o vindeiro curso 2010/2011
06/07/2010
Toda a información relativa a esta convocatoria pódena obter na páxina web https://sede.educacion.gob.es así como a solicitude, tendo en conta que este é o único sistema de presentación.
Agradecémoslle que presten a máxima atención á folla de certificacións da solicitude:
Apartado A .‐ Deberá vir SEMPRE cuberto cos datos dos últimos estudos realizados polo solicitante (aínda que non correspondan ao curso inmediatamente anterior ao actual). É imprescindible que veña marcado o campo de se foi ou non repetidor (os solicitantes que repetiron curso só terán dereito á axuda se teñen superadas o 100% das materias).
Apartado B .‐ Tamén virá totalmente cuberto xa que se trata dos datos relativos á matricula do próximo curso e pedímoslles especial atención nos apartados que detallamos a continuación:
- PROGRAMAS DE CUALIFICACIÓN PROFESIONAL INICIAL. A axuda será para un ou dous cursos en función do modelo do programa no que se matriculen, e non terán dereito os alumnos que repitan (ler o artigo 34 da convocatoria).
- OFERTA ESPECÍFICA PARA PERSOAS ADULTAS E OFERTA MODULAR. Para ter dereito a esta axuda os solicitantes deberán quedar matriculados como mínimo en 500 horas na oferta modular, e en catro materias no caso do bacharelato.
- ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS. Coma fixeron nos anos anteriores é necesario que nos remitan o certificado no que se detallan as últimas notas (aínda que non correspondan ao ano inmediatamente anterior) e os idiomas nos que queda matriculado o alumno para o curso 2010/11.
- CONSERVATORIOS DE MÚSICA. No caso de cursar o grao profesional deberán acompañar as notas do último curso realizado aclarando se foi repetidor ou non, e ademais facer constar se está matriculado en curso completo tamén coa aclaración de se repite.
- ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES, ESTUDOS RELIXIOSOS SUPERIORES E ESTUDOS MILITARES SUPERIORES. As certificacións que deberán remitir teñen que conter todos os datos que require a convocatoria
segundo os artigos 35 e 36 referentes a créditos, materias, curso completo e carga lectiva superada.