Como consecuencia da entrada en vigor dos novos títulos de formación profesional, procede convocar a realización de probas libres de módulos profesionais dos ciclos formativos que se extinguen, co fin de lle permitir finalizar os estudos e lograr a titulación ao alumnado que se vexa afectado pola implantación das novas ensinanzas.
No caso que a nós como instituto, nos interesa é o Ciclo Medio de Explotación de sistemas informáticos que é substituido polo CM Sistemas microinformáticos e redes
No anexo I desta orde podedes encontrar o resto dos ciclos extinguidos para os que se convocan as probas libres.
Haberá dúas convocatorias:
Prazos de presentación de solicitudes:
a) Para a primeira convocatoria: do 10 ao 20 de xullo.
b) Para a segunda convocatoria: do 10 ao 20 de maio.
Poderán ser obxecto de avaliación nas devanditas convocatorias todos os módulos profesionais dos ciclos formativos extinguidos agás o de formación en centros de traballo (FCT), que se regulará segundo o disposto no artigo 8º desta orde.
Dos módulos aprobados, se pode solicitar un certificado e é posible validarlos no ciclo equivalente se se desexara acabar os estudos.
As solicitudes de inscrición se presentarán na secretaría do instituto no que se fixo o ciclo (no caso de que se sega impartiendo o ciclo equivalente e que o centro sexa público, noutro caso será nun centro público que cumpla o anterior)
Máis información no