mapa  contacta connosco

Novidades

Probas Libres FP

De títulos que foron obxecto de proceso de acreditación de competencias

21/04/2010

Convocatoria de probas libres de alumnos que cursaron LOXSE e que foron obxecto de proceso de acreditación de competencias.

Como consecuencia da entrada en vigor dos novos títulos de formación profesional, e da necesidade de lles ofrecer ás persoas adultas que teñan acreditadas unidades de competencia recollidas nun título de formación profesional a posibilidade de obteren a titulación correspondente, procede convocar a realización de probas libres de módulos profesionais de ciclos obxecto de procesos experimentais de acreditación de competencia levados a cabo pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co finde lles permitir a estas persoas a finalización dos estudos e a obtención da titulación.

A relación de ciclos formativos para os que se convocan probas libres de módulos profesionais no curso académico 2009-2010 e a dos centros públicos en que se realizarán as devanditas probas figuran no anexo I da orde.

A convocatoria terá lugar no mes de xuño de 2010.

Poderán ser obxecto de avaliación nas devanditas convocatorias todos os módulos profesionais dos ciclos formativos que figuran no anexo I desta orde, agás o de formación en centros de traballo (FCT), que poderá ser obxecto de exención segundo se regula no artigo 8º desta orde.

As persoas que, logo de rematada esta convocatoria, teñan aínda módulos pendentes diferentes ao de FCT e que desexen finalizar os seus estudos poderán matricularse no título correspondente ou, de ser o caso, nas ensinanzas do título equivalente, e pedir as validacións que corresponda.

As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres obxecto desta orde presentaranse nas secretarías dos centros públicos designados para cada ciclo formativo, que se determinan no anexo I, no prazo comprendido entre o 10 e o 20 de maio de 2010.

 

Ver a orde: DOG 19 de abril de 2010

 

Ir a novidades

IES Chan do Monte
www.ieschandomonte.edu.es - orientacion@ieschandomonte.edu.es - 986 88 33 05