mapa  contacta connosco

Novidades

Calendario de probas de acceso a ciclos medios e superiores (2010)

14/01/2010

A información sobre as probas de acceso aos ciclos atópase na  web da Consellería:

http://www.edu.xunta.es/fp

.


 

O modelo de solicitude (pódese baixar do mesmo enderezo) ten que se presentar pour duplicado nas secretarías dos centros para a súa inscrición nas probas.

 

Os requisitos de inscrición, a estrutura e organización das probas, solicitudes de exención seguen a ser as mesmas que na convocatoria do 2009, solo hai cambio nas datas de exames e publicación das listaxes, e engádese o apartado décimo quinto onde se establece que "O alumnado que se inscriba na presente convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de grao superior e estivese en condicións de posuír, na convocatoria de xuño de 2010 un título de técnico que pertenza a algunha das familias profesionais incluídas na opción pola que se presenta, segundo o anexo III desta resolución, poderá solicitar a exención da parte específica. A solicitude de exención condicional farase xunto coa solicitude de inscrición ás probas, segundo o modelo do anexo V desta resolución."

Xúntase a nota informativa sobre o proceso de probas de acceso e o calendario coas datas do proceso. Nota informativa

Calendario de acceso

 

Ir a novidades

IES Chan do Monte
www.ieschandomonte.edu.es - orientacion@ieschandomonte.edu.es - 986 88 33 05