mapa  contacta connosco

Novidades

Plan de acción titorial (2006-2007)

24/01/2007

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

 

 

A acción educativa é algo mais que impartir coñecementos, supón personalizar os procesos de ensinanza-aprendizaxe, dando resposta ás necesidades individuais do alumnado.

Deste xeito, a titoría debe ir máis alá do puramente académico incorporando todo aquilo que poida axudar ó desenrolo de proxectos de vida máis autónomos e responsables.

Por outra banda, en consonancia cos principios dun currículo aberto e flexible, se entende que os elementos curriculares contidos no desenrolo da función titorial tamén deben ter un carácter aberto e flexible. Con elo quérese expresar que a función titorial pode realizarse de diferentes maneiras, a través de diversas actividades, organizada en programacións diferentes, axustadas en todo caso, ás condicións particulares dos alumnos e alumnas e dentro dunha programación titorial marco, susceptible de ser adaptada a cada ciclo, nivel e grupo, adecuándoa e respondendo así ás necesidades e características psicoevolutivas do alumnado.

Finalmente, o titor/a deberá planifica-las actividades especificamente titoriais que desenrolará ó longo do curso co seu grupo de alumnos/as. Esta planificación deberá plasmarse nunha programación titorial que contemple as principais liñas de actuación subliñadas na programación titorial marco.

Premendo no enlace poderedes ler o Plan de Acción Titorial elaborado no IES Chan do Monte.

 

 

Ir a novidades

IES Chan do Monte
www.ieschandomonte.edu.es - orientacion@ieschandomonte.edu.es - 986 88 33 05