|
FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO
SUPERIOR |
· Módulos.
· Avaliación.
· Vías de acceso. Novidades no acceso mediante proba
· Novos
accesos á Universidade desde a
Formación Profesional
As ensinanzas de Formación
Profesional organízanse en ciclos formativos de duración variable. Un ciclo
formativo centra a ensinanza e a formación nun conxunto de coñecementos e
habilidades que completan a formación necesaria para exercer unha profesión.
Son ensinanzas conducentes a unha
titulación, e os seus contidos establécese de acordo coas necesidades do mundo
laboral. Teñen como finalidade proporciona-la formación necesaria para:
· Adquiri-la competencia
profesional característica de cada título.
· Comprende-la organización e
as características do sector correspondente.
· Coñece-la lexislación laboral
básica e os dereitos e obrigas propios de cada traballo.
· Dispor dos coñecementos e
habilidades que se precisan para traballar en condicións de seguridade.
· Coñece-los mecanismos de
inserción laboral.
· Afondar na autonomía,
identidade e madureza persoal e profesional, de xeito que o traballador esté
capacitado para adaptarse os cambios de cualificacións que se podan producir o
longo da súa vida profesional.
En resumo, os ciclos formativos poden
ser definidos como "ensinanzas de estructura modular e de duración
variable que teñen como finalidade primordial prepara-lo alumno para o
exercicio cualificado dunha profesión".
MÓDULOS
Definición
Os ciclos formativos organízanse en
módulos profesionais de formación teórico-práctica.
Enténdese por módulo un conxunto de ensinanzas agrupadas pola súa afinidade
ou relación cunha das unidades de competencia de que se compón un título.
Tipos e finalidades
Os ciclos
formativos comprenden dúas facetas complementarias e diferentes: unha
desenvolvida nos centros educativos (conxunto de módulos profesionais
impartidos no centro) e outra desenvolvida nos centros de traballo, a través
dos oportunos acordos de colaboración coas empresas (módulo de formación en
centro de traballo).
a) Módulos
impartidos no centro educativo. Tódolos
ciclos formativos inclúen:
E
Módulos de contido
tecnolóxico-práctico. Son
os propios de cada titulación e están relacionados coas competencias
profesionais do perfil conectadas co correspondente título.
E
Módulo profesional de
formación e orientación laboral. Inclúe un bloque de contidos relacionado co coñecemento do respectivo
sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia. Contribúe ó coñecemento da
lexislación laboral básica e das condicións de saúde e de risco de cada
profesión, e ó favorecemento dos procesos de inserción laboral.
E
Módulo de proxecto
integrado. Este módulo, contribúe a comprender
globalmente o resto de módulos de contido tenolóxico-práctico impartidos no
centro educativo; integra ordenadamente distintos coñecementos de organización,
técnicas e procesos que se desenvolven nas diferentes actividades productivas
do sector correspondente ó titulo, e promove a adquisición de coñecementos,
destrezas, habilidades e actitudes que favorezan o desenvolvemento da profesión
para a que se forma o alumnado, demandas polo contorno productivo e que non
poden ser recollidas no resto dos módulos profesionais. No desenvolvemento do
módulo de proxecto integrado polo centro educativo tómase como referencia un
proceso productivo ou de servicios, real ou simulado.
b)
Módulo de formación en centros de traballo. É de carácter obrigatorio para
tódolos ciclos formativos e estructúrase a través do programa formativo
deseñado para cada centro productivo. Esta formación desenvólvese procurando
aplica-las competencias profesionais adquiridas no centro educativo e
complementalas con aquelas previamente identificadas entre as actividades
productivas do centro de traballo. Con carácter xeral, constitúe a derradeira
fase da formación no ciclo.
Subir
A duración
destes ciclos está comprendida entre 1.300 e 2.000 horas de formación, que se
reparten entre o centro educativo e o centro de traballo. Con carácter xeral, a
formación no centro educativo é a primeira que se imparte, e posteriormente
aplícanse os coñecementos adquiridos completándoos co desenvolvemento da
formación no centro de traballo. Existen catro tipos de ciclos segundo a súa
duración:
E
Ciclos de
E
Ciclos de 1.700
horas. Desenvólvense en cinco trimestres,
teñen 960 horas de formación no centro escolar, que ocupan os tres primeiros, e
unha formación en centros de traballo de 740 horas realizada tralas vacacións
de verán, que dura dous trimestres.
E
Ciclos de 2.000
horas. Lévanse a cabo en 6 trimestres e
ocupan dous cursos escolares completos. No primeiro curso (3 trimestres)
impártese formación no centro escolar e durante o segundo curso existe unha
dobre configuración:
Þ
Se o ciclo inclúe 380 horas de
formación en centro de traballo, entón os dous primeiros trimestres son de
formación escolar e o último de FCT.
Þ Se o ciclo ten 710 horas
de formación práctica en centros de traballo, o primeiro trimestre será de
formación no centro educativo e os dous seguintes de FCT.
Subir
O profesorado avaliará, de xeito individual
e en equipo, as aprendizaxes dos alumnos. Esta avaliación será continua e
realizarase por módulos profesionais. Os profesores considerarán o conxunto dos
módulos profesionais do ciclo formativo e contarán coa coordinación do profesor
titor e coa asesoría do servicio de orientación do centro educativo.
Este proceso de avaliación continua
do alumno require a súa asistencia regular ás clases e ás actividades
programadas para os distintos módulos profesionais. Con todo, nos ciclos
impartidos no réxime de persoas adultas o proceso avaliador adaptarase ás súas
peculiaridades.
O equipo docente avaliará a madureza
do alumnado en relación coas finalidades da Formación Profesional, tomando como
referencia os criterios establecidos para cada módulo que permiten a valoración
do grao de consecución das capacidades profesionais características de cada
título.
Polo menos, celebrarase unha
sesión de avaliación parcial cada trimestre lectivo (avaliación parcial de
módulos). En todo caso, antes do comezo do período de formación en centros de
traballo realizarase unha sesión de avaliación, que condiciona o acceso ó
modulo de FCT. Unha vez finalizado o período de formación en centros de
traballo, realizarase a avaliación final do ciclo formativo completo. Neste
momento, o equipo docente elabora un consello de orientación dirixido a cada
alumno, con obxecto de asesoralo sobre a súa incorporación ó mundo do traballo.
Subir
A
titulación que o alumno obtén trala superación de tódolos módulos que integran o
ciclo formativo de grao superior é a de técnico superior, expedida pola
Administración educativa e con validez en todo o Estado, que acredita ó seu
posuidor unha capacitación asociada a un determinado perfil profesional e unha
cualificación de nivel 3 dentro da Unión Europea
Subir
Pódese acceder de xeito directo, se
se cumpren determinadas condicións, ou mediante unha proba, para a que se
reserva o 20% das prazas.
Nos ciclos formativos de grao
superior reservarase cando menos o 3% das prazas que se oferten en cada ciclo
para aqueles alumnos con algún grao de discapacidade física, motora ou
sensorial acreditado,que obtivesen dictame favorable da Comisión Autonómica de
Escolarización.
Acceso directo
Para cursa-los ciclos formativos
de grao superior requírese cumprir algún dos seguintes requisitos:
Þ
Posuí-lo título
de Bacharelato establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de
ordenación xeral do sistema educativo.
Þ
Ter superado o segundo
ciclo do bacharelato experimental regulado pola Orde ministerial do 21 de
outubro de 1986 (BOE do 6 de novembro).
Þ
Ter superado o
curso de orientación universitaria ou preuniversitario.
Þ
Posuí-lo título
de técnico especialista, técnico superior ou equivalente para efectos
académicos.
Þ Estar en posesión dunha titulación universitaria ou equivalente.
Acceso mediante proba
Æ
Novo
calendario: datas para a prescipción e a realización da proba.
Æ
Modelos
de exames das probas de acceso
|
Podes
obter máis información picando neste enlace 8 |
Subir
OFERTA DO NOSO CENTRO
![]()
Para coñece-los ciclos superiores
formativos que podes estudiar no noso instituto pincha nesta páxina:
http://www.ieschandomonte.edu.es/cs.htm#
Subir
NOVOS ACCESOS A UNIVERSIDADE
DESDE A FP
ü Accesos ás titulacións do Sistema Universitario de
Galicia
Subir
PERFÍS PROFESIONAIS
Se pinchas neste enlace 8 poderás coñecer
§ o perfil
profesional do ciclo que che interesa (competencia xeral, postos de
traballo máis relevantes, módulos, título que se obtén, acceso a outros estudos), e
§ información dos centros educativos onde se imparten.
Subir
Na páxina http://www.edu.xunta.es/fp/preguntasCS.htm
podrás encontrar resposta a preguntas como:
Æ
¿Como
se accede a un ciclo de grao superior de réxime xeral?
Æ
¿Onde podo estudiar un
ciclo de grao superior?
Æ
¿Que saídas ofrece un ciclo
de grao superior?
Æ ¿Que estudios universitarios teñen acceso directo desde os ciclos superiores?
Se queres máis información sobre a Formación Profesional Específica podes consultar a páxina:
http://www.edu.xunta.es/fp/preguntasxerais.htm
Subir