|
FORMACIÓN
PROFESIONAL DE GRAO MEDIO |
· MÓDULOS.
· AVALIACIÓN.
· TITULACIÓN.
· VÍAS DE ACCESO Novidades no
acceso mediante proba.
As ensinanzas de Formación Profesional
organízanse en ciclos formativos de duración variable. Un ciclo formativo
centra a ensinanza e a formación nun conxunto de coñecementos e habilidades que
completan a formación necesaria para exercer unha profesión.
Son ensinanzas conducentes a unha
titulación, e os seus contidos establécese de acordo coas necesidades do mundo
laboral. Teñen como finalidade proporciona-la formación necesaria para:
· Adquiri-la competencia profesional
característica de cada título.
· Comprende-la organización e as
características do sector correspondente.
· Coñece-la lexislación laboral
básica e os dereitos e obrigas propios de cada traballo.
· Dispor dos coñecementos e
habilidades que se precisan para traballar en condicións de seguridade.
· Coñece-los mecanismos de inserción
laboral.
· Afondar na autonomía, identidade e
madureza persoal e profesional, de xeito que o traballador esté capacitado para
adaptarse os cambios de cualificacións que se podan producir o longo da súa
vida profesional.
En resumo, os ciclos formativos poden ser
definidos como "ensinanzas de estructura modular e de duración variable
que teñen como finalidade primordial prepara-lo alumno para o exercicio
cualificado dunha profesión".
MÓDULOS
Definición
Os ciclos formativos organízanse en módulos
profesionais de formación teórico-práctica.
Enténdese
por módulo un conxunto de ensinanzas agrupadas pola súa afinidade ou relación
cunha das unidades de competencia de que se compón un título.
Tipos e finalidades
Os ciclos formativos
comprenden dúas facetas complementarias e diferentes: unha desenvolvida nos
centros educativos (conxunto de módulos profesionais impartidos no centro) e
outra desenvolvida nos centros de traballo, a través dos oportunos acordos de
colaboración coas empresas (módulo de formación en centro de traballo).
a) Módulos impartidos
no centro educativo. Tódolos
ciclos formativos inclúen:
E
Módulos de contido
tecnolóxico-práctico. Son
os propios de cada titulación e están relacionados coas competencias profesionais
do perfil conectadas co correspondente título.
E
Módulo profesional de
formación e orientación laboral. Inclúe un bloque de contidos relacionado co coñecemento do respectivo
sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia. Contribúe ó coñecemento da
lexislación laboral básica e das condicións de saúde e de risco de cada
profesión, e ó favorecemento dos procesos de inserción laboral.
E
Módulo de proxecto
integrado. Este módulo, contribúe a comprender
globalmente o resto de módulos de contido tenolóxico-práctico impartidos no
centro educativo; integra ordenadamente distintos coñecementos de organización,
técnicas e procesos que se desenvolven nas diferentes actividades productivas
do sector correspondente ó titulo, e promove a adquisición de coñecementos,
destrezas, habilidades e actitudes que favorezan o desenvolvemento da profesión
para a que se forma o alumnado, demandas polo contorno productivo e que non
poden ser recollidas no resto dos módulos profesionais. No desenvolvemento do
módulo de proxecto integrado polo centro educativo tómase como referencia un
proceso productivo ou de servicios, real ou simulado.
b)
Módulo de formación en centros de traballo. É de carácter obrigatorio para tódolos
ciclos formativos e estructúrase a través do programa formativo deseñado para
cada centro productivo. Esta formación desenvólvese procurando aplica-las
competencias profesionais adquiridas no centro educativo e complementalas con
aquelas previamente identificadas entre as actividades productivas do centro de
traballo. Con carácter xeral, constitúe a derradeira fase da formación no
ciclo.
Subir
A duración destes ciclos está comprendida entre 1.300 e 2.000 horas de formación,
que se reparten entre o centro educativo e o centro de traballo. Con carácter
xeral, a formación no centro educativo é a primeira que se imparte, e
posteriormente aplícanse os coñecementos adquiridos completándoos co
desenvolvemento da formación no centro de traballo. Existen catro tipos de
ciclos segundo a súa duración:
E
Ciclos de
E
Ciclos de 1.700 horas. Desenvólvense en cinco trimestres, teñen 960
horas de formación no centro escolar, que ocupan os tres primeiros, e unha
formación en centros de traballo de 740 horas realizada tralas vacacións de
verán, que dura dous trimestres.
E
Ciclos de 2.000 horas. Lévanse a cabo en 6 trimestres e ocupan dous cursos escolares completos.
No primeiro curso (3 trimestres) impártese formación no centro escolar e
durante o segundo curso existe unha dobre configuración:
Þ
Se o ciclo inclúe 380
horas de formación en centro de traballo, entón os dous primeiros trimestres
son de formación escolar e o último de FCT.
Þ Se o ciclo ten
710 horas de formación práctica en centros de traballo, o primeiro trimestre
será de formación no centro educativo e os dous seguintes de FCT.
Subir
O profesorado avaliará, de xeito
individual e en equipo, as aprendizaxes dos alumnos. Esta avaliación será
continua e realizarase por módulos profesionais. Os profesores considerarán o
conxunto dos módulos profesionais do ciclo formativo e contarán coa
coordinación do profesor titor e coa asesoría do servicio de orientación do
centro educativo.
Este proceso de avaliación continua do
alumno require a súa asistencia regular ás clases e ás actividades programadas
para os distintos módulos profesionais. Con todo, nos ciclos impartidos no
réxime de persoas adultas o proceso avaliador adaptarase ás súas
peculiaridades.
O equipo docente avaliará a madureza do
alumnado en relación coas finalidades da Formación Profesional, tomando como
referencia os criterios establecidos para cada módulo que permiten a valoración
do grao de consecución das capacidades profesionais características de cada
título.
Polo menos, celebrarase unha sesión de
avaliación parcial cada trimestre lectivo (avaliación parcial de módulos). En
todo caso, antes do comezo do período de formación en centros de traballo
realizarase unha sesión de avaliación, que condiciona o acceso ó modulo de FCT.
Unha vez finalizado o período de formación en centros de traballo, realizarase
a avaliación final do ciclo formativo completo. Neste momento, o equipo docente
elabora un consello de orientación dirixido a cada alumno, con obxecto de
asesoralo sobre a súa incorporación ó mundo do traballo.
Subir
A
titulación que o alumno obtén trala superación de tódolos módulos que integran
o ciclo formativo de grao medio é a de técnico, expedida pola Administración
educativa e con validez en todo o Estado, que acredita ó seu posuidor unha
capacitación asociada a un determinado perfil profesional e unha cualificación
de nivel 2 dentro da Unión Europea
Subir
Ós ciclos de grao medio pódese acceder de
xeito directo, no caso de cumprir determinadas condicións,ou mediante unha
proba, para a que se reserva o 20% das prazas.
Acceso directo
Pode cursar directamente estudios de
ciclos formativos de grao medio o alumnado que reuna algún dos seguintes
requisitos:
Þ
Posuí-lo título de
graduado en educación secundaria.
Þ
Posuí-lo título de
técnico auxiliar.
Þ
Posuí-lo título de
técnico.
Þ
Ter aprobado o
segundo curso de bacharelato unificado polivalente(BUP).
Þ
Ter superado o segundo
curso do primeiro ciclo experimental da reforma das ensinanzas medias (REM).
Þ
Ter
superado o terceiro curso do plan de 1963 (Decreto 2127/1963, do 24 de xullo,
BOE do 6 de novembro) ou o segundo de comúns experimental (Decreto 179/1988, do
7 de xullo, DOG do 18) das ensinanzas de artes aplicadas e oficios artísticos.
Þ Ter superados outros estudios declarados equivalentes, para efectos académicos, con algúns dos anteriores.
Acceso mediante proba
Æ
Novo
calendario: datas para a prescipción e a realización da proba.
Æ
Modelos
de exames das probas de acceso
|
Podes obter máis información sobre as vias
de acceso picando neste enlace 8 |
Subir
PERFÍS PROFESIONAIS
Se pinchas neste enlace 8 poderás coñecer
§ o perfil
profesional do ciclo que che interesa (competencia xeral, postos de
traballo máis relevantes, módulos, título que se obtén, acceso a outros estudos), e
§ información dos centros educativos onde se imparten.
Subir
OFERTA DO NOSO
CENTRO
![]()
Para coñece-los
ciclos medios formativos que podes estudiar no noso instituto pincha aquí
Subir
Na páxina http://www.edu.xunta.es/fp/preguntasCM.htm podrás encontrar
resposta a preguntas como:
Æ ¿Como se accede a un ciclo de grao medio de réxime xeral?
Æ
¿Como se accede a un ciclo de grao
medio do réxime especial de artes plásticas e deseño?
Æ
¿Onde podo estudiar un ciclo medio?
Æ
¿Que saídas profesionais ofrece?
Se queres máis información sobre a Formación Profesional Específica podes
consultar a páxina:
http://www.edu.xunta.es/fp/preguntasxerais.htm
Subir