IES Chan Do Monte
Chan do Monte, 23 -MOGOR- 36911-MARÍN
(Pontevedra)
Tel:986.88.33.05 - 986 88.36.79 Fax:986 89.17.37

Oferta modular de ciclos formativos

¿Queres iniciar ou completar a túa formación en informática?

¿Queres iniciar ou completar a túa formación para traballar nunha oficina?

No Instituto de Ensinanza Secundaria Chan do Monte podes conseguilo matriculándote no horario nocturno dos ciclos formativos “Administración de sistemas informáticos” e “Xestión administrativa”.

A matrícula pódese facer por ciclo completo ou escollendo un ou varios módulos dos que máis che interesen. Tamén tes a posibilidade de convalidar módulos coa experiencia laboral.

Ao remate dos estudos obtense titulación oficial que permite a acceso ao bacharelato ou á universidade.

Pódese acceder directamente aos ciclos con unha titulación mínima (ESO, FP1 ou 2º de BUP nos ciclos de grao medio, e FP2, COU ou Bacharelato LOXSE nos ciclos de grao superior) ou superando unha proba de acceso.

 

Prazo de reserva de prazas do 17 de xuño ao 2 de xullo. Cumprido este prazo pódense facer reservas se os grupos non están cubertos.

Particularidades do horario nocturno

Os ciclos formativos en horario nocturno ou de tarde-noite denomínanse tecnicamente “oferta modular polo réxime de persoas adultas”. Os currículos de cada ciclo son iguais con independencia no seu horario. A oferta modular diferénciase do resto da formación profesional nos seguintes aspectos:

Oferta modular no IES Chan do Monte polo réxime especial para personas adultas

A partir das 4 do serán. As clases rematan, dependendo do día, entre as 10 e as 11 da noite.

Ofértanse todos os módulos do ciclo.

Neste ciclo preténdese formar o alumno para traballar nunha oficina facendo traballos de contabilidade, xestión de persoal, xestión de compra-venda, informática a nivel de usuario, etc..

Ofértanse a metade dos módulos un ano e a outra metade o ano seguinte.

Atrás Subir

 

Cofinanciado polo Fondo Social EuropeoXunta de Galicia