IES Chan Do Monte
Chan do Monte, 23 -MOGOR- 36911-MARÍN
(Pontevedra)
Tel:986.88.33.05 - 986 88.36.79 Fax:986 89.17.37

portada

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A revista pódese descargar completa (20Mb) ou por seccións. A continuación tedes un resumo, máis ou menos extenso da revista, ao finalizar cada sección tedes unha ligazón á parte correspondente da revista orixinal.

Labirinto Nº4

Curso 2009/2010

Editorial

Grazas a tódalas persoas que colaborades con Labirinto.

Sabemos que é difícil rabuñar un chisco de tempo nas nosas atarefadas vidas para colaborar cunha revista que non ten o prestixio do National Geografic nin a obxectividade do ABC. Tampouco conta para engordar o currículum nin para subir nota -nin tan sequera a de lingua galega-... pero é nosa. É a revista do noso IES.

Este ano temos unha novidade vexetal: o tomate. Aparecerá na face de todos aqueles alumnos e alumnas que non trouxeron a autorización de uso da imaxe. A recolección do tomate é pesada e laboriosa, pero se queremos ter unha dieta axeitada, non debe faltar. Temos a impresión de que o proceso de elaboración dunha revista de instituto é algo similar. Esperamos que o prato resultante sexa do voso agrado.

Bo proveito.

Dende o despacho

Aquilino Cavadas
Director do IES Chan do Monte

Benquerido/a lector/a.

Un ano máis, por estas datas, Laberinto achégase garimoso acudindo na procura dos seus lectores na agardada cita anual. Ainda que se fixo maior, sempre chega cargado de mensaxes alegres, xoguetón, preñado de ilusións, soños, lembranzas e un e mil despertares.

Pretende ser reflexo da forza da voz e da palabra, servendo como cauce e sendeiro de expresión da creatividade e das inquedanzas deste Instituto. Ainda que cada número é sempre único e irrepetible, sempre nos asomamos a unha fiestra de aire fresco con traballos creativos, dinámicos, responsables e innovadores. Por elo, vos animamos, de corazón, a seguir adiante por eses sendeiros do laberinto do futuro. O voso esforzo sempre se verá recompensado.

Agradecer o traballo, o mérito, a perseverancia e o agarimo de todos aqueles que, dalgún xeito, foron partícipes deste exemplar que tes nas túas mans para que poida ser disfrutado por todos.

Lembrar, para rematar, que o noso Laberinto tamén se ofrece en formato dixital na nosa páxina web. Estamos orgullosos de que este Centro segue na vangarda das tecnoloxías da comunicación e pola aposta dunha escola pública, laica e de calidade.

Vos esperamos como próximos colaboradores ou como leais e fieles lectores.

Feliz verán, ánimo e adiante.

Día das letras Galegas

Uxío Novoneyra

O poeta do Courel

O homenaxeado este ano có gallo das Letras Galegas foi o poeta Uxío Novoneyra. Sen dúbidas o Courel marca ata tal punto que se coñece coma o poeta do Courel. Imos coñecelo un pouco mellor...

Uxío Novoneyra naceu en Parada de Moreda, Courel, en 1930, fillo dunha familia de labregos. Esta terra será o principal referente físico para os seus versos, ofrecendo unha anovadora visión da paisaxe dentro da literatura galega.

No ano 1955 deu ao prelo Os eidos, poemario con que comeza un ciclo poético que retomará con Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974). Nos comezos da década de 80, o poeta principia a recompilar e depurar o seu ciclo courelá, dando a lume Os eidos. Libro do Courel (1981), que terá diversas reedicións. No ano 1983 afíncase definitivamente en Santiago, cidade desde a cal exerceu como presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, até a súa morte no ano 1999.

Publica Poemas caligráficos en 1979, nunha edición prologada e ilustrada por Reimundo Patiño, con textos vinculados a unha vangarda pictórica organizada arredor do grupo Brais Pinto. Xa na segunda metade desa década comeza cunha recompilación temática da súa produción poética completa. Así, en Muller pra lonxe (1987), reuniu os poemas paixonais e amorosos, e dous anos máis tarde, en Do Courel a Compostela 1956-1986, os de temática política, que irán acompañados dunha antoloxía crítica. En 1994, logo de varios anos de silencio editorial, editou Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras. En 1998 publicou Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas.

Nos seus textos, Novoneyra explícita o seu compromiso nacionalista e marxista (especialmente na época en que estes temas son protagónicos na literatura galega), sen deixar de preocuparse en ningún momento pola forma poética e mais pola linguaxe, pesquisando na materia lírica até conseguir o mellor resultado visual e —sobre todo— sonoro para os textos (botando man para tal efecto de diversos recursos como o fonosimbolismo, a utilización de dialectalismos e vulgarismos, os silencios, o simbolismo gráfico, etc).

Fonte: Biblioteca Virtual Galega.

Proxecto integrado

Arquitectura popular galega

No Proxecto Integrado (PI) estívose traballando ó redor do tema da arquitectura popular galega. Aquí tendes algún dos traballos entregados despois dunha introdución por parte da mestra coordinadora do proxecto, Elva Boullosa.

A arquitectura popular galega foi obxecto de estudo no Proxecto interdisciplinar do presente curso.

poster galicia bonita

Comezamos repasando as principais características da nosa arquitectura: a adaptación ao medio e ao clima,os materiais de construción, a aldea e a distribución da población en Galicia. Os materiais do Proxecto Terra, do Colexio de Arquitectos, servíronnos de axuda para traballar algún detes aspectos. O comic "A mansión dos Pampín" ofreceunos unha visión crítica dalgunhas actuacións habituais no urbanismo galego, promovidas por un personaxe que prolifera nos nosos concellos: "o edil picarón" -utilizando una cualifiación eufemística- político máis preocupado polos seus intereses persoais que polo desenvolvemento racional e o respecto do medio ambiente e da arquitectura tradicional.

A procura e visionado de fotos antigas de Marín e a identificación dos lugares mostrounos a evolución do probo e do seu contorno. Na visita a Santiago de Compostela tamén puidemos ver o cambio das cidades, comparando o crecemento racional e sostible desta cidade nos últimos anos co ensanche dos anos setenta, que tanto dano fixo a capital galega. Tamén visitamos o "cinturón" de parques que rodea o casco urbano, o Museo de Arte Cotemporánea, o Museo do Pobo Galego e a zona vella.

Xa ao final de curso, fixemos dous pósters: un sobre a Galicia arquitectonicamente bonita e outro sobre o feismo, chegando á conclusión de que algúns galegos son auténticos expertos neste último tema.

galicia fea

 

Os nosos poetas

Alumnos de S1B

S1B

Mateo Melón

Nesta noite de lúa crecente
penso nos teus ollos obsesivamente;
é un pensamento de amor
que irradia o meu triste corazón.

É un pensamento profundo
que me encanta coma un mundo,
cando penso en ti só podo mirar
o teu sorriso que me fai irradiar.

E eu estou aquí sentado e pensando
coma un triste vello xubilado
mentres ca ti só podes rir
e facerme cada día máis feliz.

 

A VENTÁ

Alumna de S1B

Ollando pola ventá
vinte a primeira vez,
e sen darme de conta,
me namorei.

Cada vez que che miraba na area
dábanme ganas de que foses a miña serea
con cabelos de ouro e boca de seda.
¡Que época máis fermosa era!

E agora que xa non estás
dóeme moito non volverte mirar,
e quero que saibas que no meu corazón,
sempre terás un lugar.

 

Lea Melón, S1B

As rosas son rosas como o amor.
A escuridade é negra como o odio e o temor.

Pero ti, quen es? Es o meu querido?
Ou pode que sexas o meu inimigo?

Son preguntas que podo facer,
pero só ti as podes responder.

Non! Non só ti podes, o corazón tamén.
O meu pode, pode saber.

O corazón elixe
e o futuro decide.

O tempo pasa, pero ti, Amor, es como un reloxo parado
que sempre estás esperando ao teu amado.

Un día espertarás querido
Un día espertarás comigo.

Despois feliz serás,
e amado estarás.

Este é o final, pero non o triste;
este é o final máis bonito que existe.

Orienta-T

Dende o departamento de orientación se nos propuxeron unha chea de actividades das que destacamos unha pequena escolma nas páxinas seguintes...

 

Concurso de cartas

María Estévez, de 1ºA da ESO foi a gañadora deste concurso coa seguinte carta que mostra unha sensibiliade e empatía moi axeitada coa problemática da violencia de xénero:

Ola Carmen:

Escríboche porque é a única maneira de desafogarme. Volveu a suceder, ese pesadelo corróeme por dentro.

Fai dous meses que lle puxen a denuncia por malos tratos e, dende eses dous meses non deixo de pensar nel. Ás veces pregúntome se o sigo querendo, pero acórdome dos malos momentos que me fixo pasar cando me pegaba e quítaseme ese pensamento da cabeza e penso en todo o contrario.

Xa levo dous días soñando có mesmo. É unha mestura de todos os golpes e humillacións xuntas, parece tan real... Pero cando esperto chorando doume conta que so é un soño.

Non sei, pero teño a sensación de que vai volver e non só a pegarme... Teño medo do que me poda pasar a min e ós meus fillos. Non sei que facer, se irme con eles e comezar unha nova vida ou quedarme aquí, atormentándome día a día, pensando que cando chamen á porta será el cun coitelo na man...

Mariña.

 

Unha de romanos

“Lucus amoenus maximus”

Yolanda Cadórniga Díaz & Teresa Moure Pena

No mes de marzo os alumnos de Humanidades de Bacharelato fixemos unha saída de traballo á Lugo. No Castro de Vilalonga participamos nun taller de Arqueoloxía no marco dun programa de acción didáctica para coñecer o hábitat e formas de vida dos nosos devanceiros.

A continuación fixemos unha visita interactiva no interior das salas de exposición do Museo.

A xornada de traballo rematou na cidade de Lucus Augusti onde percorremos a muralla e a zona intramuros.

Pola tarde tiñamos unha cita co Teatro Clásico para ver a obra Casina do comediógrafo latino Plauto dentro da programación da Sociedade Española de Estudios Clásicos co obxectivo de divulgar o teatro clásico entre os escolares. Esta obra resultou estar moi ben adaptada ao contexto sociocultural da nosa xuventude.

...... Descarga Unha de romanos

 

O recuncho da nostalxia

ME ACUERDO

Me acuerdo de los días de invierno en torno a la chimenea.
Me acuerdo de despedir por la ventana a mi prima cuando se iba al colegio. Y de su sonrisa.
Me acuerdo de los teletubbies.
Me acuerdo de mi antigua casa. Y de vivir con mis hermanastras.
Me acuerdo de la playa de Lapamán.
Me acuerdo de cuando vino una ola enorme y mi madre corrió a buscarme. Y del miedo que sentí.
Me acuerdo de la expectación y alegría que sentía cunado mi padre llegaba tras meses en la mar.
Me acuerdo de sus regalos.
Me acuerdo de escribir cartas y postales.
Me acuerdo de quedarme dormida en el sofá el día de Navidad.
Me acuerdo del reloj que me regaló mi abuelo.
Me acuerdo de los vestidos que llevaba cuando iba a la iglesia.
Me acuerdo de los ruedines de la bicicleta. Y del día que se los quité.
Me acuerdo de las peleas con mi hermano.
Me acuerdo de arrepentirme cuando le hacía daño.
Me acuerdo de cuando compramos el coche nuevo.
Me acuerdo de cuando intentaba hacer trucos de magia a mi hermano. Y de lo bien que se sentía cuando se sorprendía.
Me acuerdo de lo mucho que detestaba ir a natación. Y a aquella profesora.
Me acuerdo de Disneyland París. Y de su límite de altura.
Me acuerdo de las clases de solfeo con Daniella. Y de mis compañeros. Y de lo que me gustaba.
Me acuerdo de dibujar claves de sol, notas y pentagramas.
Me acuerdo de Mortadelo y Filemón.
Me acuerdo de memorizar poemas, para luego olvidarlos.
Me acuerdo de los chistes de Jaimito.
Me acuerdo de la primera vez que vi la nieve. Y de lo fría que estaba.
Me acuerdo de “oca a oca, y tiro porque me toca”.
Me acuerdo de los dictados. Y de escribir. Y de escribir. Y de escribir.
Me acuerdo de tomar galletas a escondidas.
Me acuerdo de planear tardes con amigas. Y de lo bien que nos lo pasábamos.
Me acuerdo de quedarme en casa de la abuela. De sus historias. Y de la tableta de chocolate que siempre me daba.

Epílogo
Somos presente y estamos hechos de recuerdos. Mejor no olvidarlo.

Unha alumna de 4º da ESO

ME ACUERDO

Me acuerdo de cuando cantábamos canciones al pie del piano.
Me acuerdo de cuando contaba chistes.
Me acuerdo de su sonrisa cuando me veía sonreír.
Me acuerdo de los cuentos de cada noche.
Me acuerdo de todos los besos que no le di al irme a dormir.
Me acuerdo de las flores del jardín.
Me acuerdo del muelle.
Me acuerdo de su caña de pescar.
Me acuerdo de los calamares, las sardinas.
Me acuerdo del mar.
Me acuerdo de sus hazañas.
Me acuerdo de sus historias de niño.
Me acuerdo de lo feliz que era cuando recibía regalos.
Me acuerdo del sonido de las chispas de la chimenea cuando él la encendía.
Me acuerdo de sus manos frías.
Me acuerdo de cuando se enrojecía su nariz con el frío.
Me acuerdo de las fotos.
Me acuerdo de su reloj.
Me acuerdo del tesoro escondido.
Me acuerdo de la casa del burro que hablaba, de los ladrones, de las historias.
Me acuerdo de oírlo cantar, tocar el piano.
Me acuerdo de su violín, de su acordeón.
Me acuerdo de su boina, de su bastón.
Me acuerdo de él. Siempre.
Me acuerdo de cuando me cogía de la mano para llevarme a ver los patos del estanque de la
alameda.
Me acuerdo de cuando salíamos a pasear.
Me acuerdo de la fuente del Con.
Me acuerdo del otoño, de las hojas secas, de recoger castañas todos los días.
Me acuerdo de lo mucho que me cuidaba.
Me acuerdo de los bocadillos de pan y chocolate que me hacía.
Me acuerdo de cuando freía pescado en nuestra antigua cocina.
Me acuerdo de lo contento que se puso cuando supo que viviríamos con él.
Me acuerdo de que me quería.
Me acuerdo de él, de su risa, de sus preciosos ojos azules que ninguno de sus nietos heredamos.
Me acuerdo de su párkinson, de lo bien que se lo tomó y lo bien que estaba, a pesar de todo.
Me acuerdo de cuando todo empeoró.
Me acuerdo de cuando no se acordaba.
Me acuerdo de su silla de ruedas, de sus papillas, de su voz débil.
Me acuerdo del quince de mayo.
Me acuerdo de él.

Somos pasado, eso nos hace presente,
y prepararnos para el futuro.

Eva Solla 4º ESO

Recordos plásticos

Con motivo das poesías anteriores, expoñemos aquí unha obra inédita do noso profesor de plástica Juan Pastor esperando que non nos denuncie. Aproveitamos a ocasión para agradecer a súa colaboura na portada da nosa revista dende que esta comezou a súa andaina.

Unha de terror

Investigación: O tapiz de Bayeaux

Concurso de relatos do Antroido

Especial: voluntariado

Francés e Galego

Palabras

Sol e letras: Aula 102

O sol

Adeus

Amizade

 

Subir

Cofinanciado polo Fondo Social EuropeoXunta de Galicia