Páxina de inicio
Descrición do centro
Datos de contacto
Premios, ...
Programación anual
Instalacións
Software Libre
A nosa oferta
E.S.O.
Bacharelatos
Ciclos Medios
Ciclos Superiores
Oferta modular
E.P.A.
Garantía Social
Inscrición e Matrícula
Validacións
Principal
Dirección
Xefatura de estudios
Actividades
Secretaría
Boletíns Oficiais
Servizos Informáticos
Cursos formación
Orientación
Profesores
Proxectos europeos
FCT
Alumnado
Bolsa de traballo
Bolsa de traballo
Labirinto sae á luz. Como sempre, un parto difícil; pero estamos moi contentos de ver
como o pequecho cumpre anos, e cada vez se fai máis autónomo e independente.
Estamos contentos polo resultado. Non porque atopemos nesta revista grandes artigos escritos por persoas de recoñecido prestixio, nin polo seu volume, nin pola calidade das fotografías... estamos contentos -e orgullosos- porque non é un corta-pega moi propio dos últimos tempos nos traballos escolares. Labirinto é voso, e Labirinto reflicte algo do que somos como IES.
Aquí hai unha mínima parte de todo o que se fixo durante este ano académico 2008-
2009. ....
A revista completa en pdf é grande (cada ano que pasa ocupa máis megas) e pode tardar moito tempo en baixar. Damosche a posiblidade de baixala enteira ou por seccións, tamén podes ler un resumo do contido.
Por seccións
Un ano máis, Labirinto sae a rúa nesta cita anual con sabia nova e cheo e proxectos, vivencias, alegrías e sinsabores pero cheo do aroma de pan recén saído do forno.
Estás diante dun obradoiro de enriquecemento que mostra a capacidade creativa e de traballo en grupo dos nosos alumnos e profesores. As súas reflexións e indagacións os converten en privilexiados animadores e produtores de información. Dan vida ao Centro pois detrás de cada fotografía, artigo, pequeno relato, poesía, renacen cómplices miradas que refrescan corazóns, memoria e aventuras por iniciar de moitas persoas. Só se pode construír o mañá do mundo dos soños crendo neles, festexando a vida e premiando a motivación e o esforzo.
Agradecer, finalmente, a planificación, deseño, organización, selección de materiais e de elaboración da revista. Somos sabedores que é froito do esforzo, da imaxinación, do cariño e de moitas horas de traballo. O Centro está orgulloso desta andaina obrigada porque non hai nada
máis grato que ir abrindo novos sendeiros aproveitando o entusiasmo e a gratitude de profesores e alumnos que fixeron posible que poidamos gozar de algo tan noso como é esta revista escolar.Sodes vós, lectores, os que permitides multiplicar os soños e os longos amenceres nese preñado ceo de brétemas e sabedores todos que, pasado un tempo, acaso infinito, volverán polo recanto da fiestra algún día.
Agardando do goce da imaxinación, da maxia das palabras, destes mulleres e homes do futuro, vos agardamos cos brazos abertos o ano próximo.
Unha aperta.
Dende o despachoAquilino Cavadas
Director do IES Chan do Monte
Eu era un rapaz normal, cos meus defectos e as miñas virtudes; pero todo empezou a cambiar ao redor dos quince anos, non sei exactamente cando, xa que non me levantei un día co pé esquerdo, nin nada semellante...,todo sucedeu doutro xeito, sen que nin eu nin ninguén se puidese dar DE conta, funme transformando de neno en adolescente.
Pensaredes que pola adolescencia pasan todas as persoas e que iso non ten que ver, pero si, si ten que ver, e moito. Esa etapa da miña vida non foi como a dos demais. Aí empecei a obsesionarme co peso, esa é a razón pola cal agora estou aquí, postrado nunha cama do hospital máis cotroso que poidades imaxinar. Durante ese ano comezaron os roblemas na casa: os meus pais discutían, e a miña irmanciña non ía demasiado ben no colexio. Para aumentar a nosa lista de problemas, estaba eu. Xa non me apetecía comer, víame no espello e vía un rapaz de quince anos sumido no fracaso, eu non quería ser ese tipo. Por iso comecei a adelgazar, E aínda que non foi dun xeito moi rápido, todos comezaron a decatarse de que algo me estaba ocorrendo. Pasei de sesenta e cinco a cincuenta e cinco quilogramos en menos de seis meses. A miña nai icíame que tiña que comer máis e que se non o facía veríase obrigada a levarme ao hospital. Nos seguintes meses comía pouco máis que nada e realizaba tanto exercicio físico que apenas podía manterme en pé ao finalizar o día ... .
Unha estudante de Terceiro da ESO
Ramón Piñeiro López Naceu en Láncara en 1915. Nos anos trinta comezou a súa actividade política. En 1936 exerceu como secretario do Comité Provincial do Estatuto
de Autonomía organizado polo Partido Galeguista.Tras a guerra civil comeza a cursar Filosofía e Letras en Compostela e Madrid, estudos que non chegou a rematar, ó tempo que colabora na reorganización do galeguismo na clandestinidade. En 1946 viaxa a París para contactar co Goberno Republicano no exilio. Á volta é detido e condenado a seis anos de prisión, dos que cumpriría tres. Unha vez libre volve a Galicia e promove unha viraxe do galeguismo cara a posturas centradas na actividade cultural.
Será froito desta posición o nacemento da Editorial Galaxia en 1950, a primeira e máis importante iniciativa editorial de posguerra. Foi o seu director, e de 1963 a 1988 tamén codirector da revista Grial, plataformas dende a que traballou na promoción da cultura galega.
En1967 ingresou na Real Academia Galega. Piñeiro foi elixido deputado independente no Parlamento de Galicia na candidatura do PSOE (1981 a 1985). Foi o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, cargo que ocupou de 1983 a 1990. En 1985 recibiu a Medalla Castelao.
A súa breve produción ensaística toma como punto de partida a filosofía. Especial dedicación lle prestou ó fenómeno da saudade, á que dedicou varios libros: Significado metafísico da saudade, A saudade e Rosalía e Filosofía da saudade. O libro Olladas no futuro, recolle corenta e oito ensaios aparecidos en diversas publicacións. Tamén é autor dos volumes Galicia e Da miña acordanza.
Día das Letras Galegas
O noso Instituto celebrou a derradeira semana do mes de abril as súas XI Xornadas de Historia de Galicia. Este curso as xornadas estiveron dedicadas á Cultura megalítica e á Cultura Castrexa. A primeira conferencia estivo impartida polo director do Museo Histórico e Arqueolóxico de A Coruña, don Xosé María Bello Diéguez, especialista no megalitismo en Galicia e na fachada atlántica europea, tema sobre o que publicou gran cantidade de estudos. O historiador fixo una valoración dos aspectos sociais, económicos e culturais da cultura megalítica en Galicia a partir do análise dos monumentos megalíticos máis representativos que se conservan na nosa Comunidade.
A importancia da Cultura Castrexa foi exposta polo arqueólogo da Deputación Provincial de Pontevedra, don Rafael Rodríguez Martínez, especialista na Idade do Ferro en Galicia. O arqueólogo ofreceu un interesante percorrido polos principais castros galaicos nunha conferencia que levou o orixinal título de De mouros a serpes. Unha aproximación ao mundo dos Castros.
Este ano, como innovación, a última conferencia foi unha clase práctica dirixida polos membros do Departamento de Historia que levaron ós alumnos a unha visita guiada a cidade de Tui.
XI Xornadas de Historia de Galicia
Realmente, estamos bastante máis guapos que o ano pasado. Seguramente será grazas ós coñecementos adquiridos no IES, que parece ser que poden chegar a transformar integralmente ós estudantes... aínda que algúns din que estes cambios somentes se poden conseguir con horas de ximnasio... Haberá que preguntarlle a Puga.
Nesta sección podedes atopar moitos fotos con algúns dos rapaces e rapazas do instituto.
Sen comentarios, sen acritude, sen politiqueos, somentes che pedimos que interpretes o que ves nos gráficos... O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (EDNL) esta facendo un estudo sobre a situación das linguas no noso IES. Te propoñemos un “pasatempo” diferente: Xulga os datos reais por ti mesmo.
Lingua empregada habitualmente no centro educativo
Profesores/as
Alumnos/as
Pois... que dicir... o teatro é estupendo
e aínda que teña un mal día, faime volver a sorrir
Miriam Entenza
É totalmente innegable que o gran movemento contracultural e de masas que é a música rock evolucionou ao longo dos anos, pero tamén é totalmente innegable o feito de que o fenómeno perdeu parte da maxia orixinal que o caracterizaba , en gran parte, debido á excesiva comercialización do xénero, que o transformou nun dos innumerables excedentes comerciais do noso tempo, como outros tantos produtos e
artigos de consumo. Realmente o rock mantén aquel espírito de liberdade e rebeldía que o apartou inmediatamente dos seus conxéneres musicais, levándoo a outro estado. Onde están as chúpas de coiro e as longas cabeleiras? Perderon todo o seu simbolismo, pasando a converterse en meros estereotipos asimilados pola vasta arañeira cultural. Falando noutros termos: estamos solamente ante unha moda desfasada que irei analizando por partes co fin de esclarecer a cuestión de se a evolución da
música rock levou á súa propia dexeneración.Desde as súas humildes orixes no rythm n´blues, insignes músicos contribuíron coa súa música ao crecemento da movida. Considerados como os pais do xénero, destacadas celebridades, como Little Richard,
Buddy Holly ou Chuck Berry, definiron a esencia primixenia do rock que co tempo se iría transmitindo aos futuros músicos das seguintes décadas: Elvis Presley, Carl Perkins, Bo Diddley, e a lista prolóngase. Constitúen a
herdanza de grandes formacións como os Beatles, Rolling Stones, The Doors, The Who, e un inacabable etcétera. Cancións como Exile
on main street, Sgt. Peeper and the Lonely Hearts Clubs Band?,entre outras, son xoias gardadas no baúl dos recordos.......................
Daniel Omil Carracelas (S4A)
BATMANEnglish:
Batman, is a fictional character, a superhero from a popular comic co-created by the artist Bob Kane and the writer Bill Finger. Batman's secret identity is Bruce Wayne, a wealthy industrialist, playboy, and a philanthropist as well.When his parents die he´s very furious and decides to train himself both physically and intellectually to fight against crime .His peculiarity is his costume : a bat costume. He doesn´t have any superpowers and he makes use of intellect, detective skills, science and technology, wealth, physical powers, and intimidation is his weapon against crime.
Galego:
Batman: home morcego.Batman é unha personaxe de cómic ficticia, creada por Bob Kane e Bill Finger.Batmaan é a identidade secreta de Bruce Wayne , un exitoso empresario, playboy e filántropo.
Cando os seus pais morren asasinados el ponse furioso e decide entrenarse física e psicoloxicamente para combater o crime.Algo característico é o seu disfraz: que semella a un morcego. El non ten superpoderes e usa o intelecto, as mañas de detective, as ciencias e a tecnoloxía, a riqueza, o valor físico e a intimidación para a súa loita contra o crime.
Lucía Estevez (S4A)

Si una nube llora...
es que está enamorada
¿Estoy o no estoy enamorada
como esa estrella iluminada?
Sandra
Ayer en el zoo
me acordé de ti
al ver un mono
fue cuando te vi.
Carmen
Eres lo mejor que me ha pasado,
te quiero más que a todo,
me tienes muy enamorado
y no lo haría de otro modo.
Sabela
Me entristecí al ver la vela
a la vela del mar...
a causa del diluvio
que estaba por llegar.
Intenté ayudar al marinero
al marinero del mar...
tirado en una piedra
triste y sin poder andar.
Al fin ayudé al marinero
al marinero del mar...
que se puso muy contento
cuando me ha visto llegar.
Lo saque después del muelle
del muelle del mar...
que contento estoy ahora
por haber podido ayudar.
Rodrigo
Tengo una mosca
dentro de un bote
le di con la escoba
ayer por la noche
También tengo una hormiga
que tenia un sombrero
la metí en mi mochila
en el mes de febrero.
Alan
Na miña opinión, nunha parella non debería existir a infidelidade. Cando dúas persoas se xuntan é por amor, pola entrega mutua, entendendo por isto dedicar tempo, esforzo, compartir o que un é, tanto por dentro coma por fóra, coa outra persoa. Polo que, se compartimos con outros a parte que correspondería á nosa parella, xa non é exclusivo, deixa de ser único e perde sentido.
Pero ben é certo que ás veces un membro da parella busca unha experiencia nova. A infidelidade poder ser emocionante, e isto, obviamente, fai que a estabilidade da relación se altere. Ou simplemente, cando un sente que a súa parella non lle aporta todo o que precisa para sentirse realizado, busca noutra persoa o que encha esacarencia.
.....
Mónica Otero Aguete (BH1)

Se hai vintecinco séculos o sofista Gorxias deixou proposta a gran fractura na que o home se desenvolve, amosando a inconmensurabilidade entre as cousas, o coñecemento das cousas e as manifestacións lingüísticas do que son ou cremos que son as cousas (Mundo, Mente, Linguaxe) como Ideas de referencia dialecticamente relacionadas con todos os problemas que suscitan os posibles reducionismos a calquera delas; hoxe en dia as preocupacións están máis centradas en espurios intereses políticos que utilizan o uso da lingua como campo de batalla, non en van a Alicia de Lewis Carrol sinalaba que a linguaxe é dos que mandan.
O problema é que cando a casta política lexisla para corrixir diferenzas sociais o que fai as veces é amosar a súa máis profunda ignorancia e descoñecemento de cuestións como a que imos tratar aquí: o fenómeno lingüístico concreto.
Tanto en Lingüística como en Física, impera unha lei fundamental: a da economía. Na primeira preténdese dicir o máis posible co menor esforzo, na segunda, a lei máis sinxela é capaz de explicar o maior número de feitos posibles ( a máis capacidade explicativa, maior será a posibilidade da súa refutación).
O xénero que tanto en galego coma en español e noutras linguas aparece como positivamente caracterizado, é o feminino. Namentres que o mal chamado masculino sería tan só, un non-feminino. Por iso cando se trata de definir unha categoría gramatical, neste caso o xénero, a linguaxe non dá unha definición a cada elemento da categoría, senón que os define positiva e negativamente.
Isto maniféstase non só en categorías gramaticais senón tamén nas léxicas. No par “dia/noite”, só noite ten un significado propio, namentres que “dia” redúcese a ser aquilo que non é noite.
O caso do xénero gramatical é exactamente o mesmo: o feminino, defínese por se mesmo, namentres o masculino é o que non é feminino; en certos contextos pode equivaler ó que entendemos por masculino, mais noutros a masculino+feminino. Se dicimos “a alumna” todos entenden que estamos a falar dunha persoa de xénero feminino, se dicimos “o alumno”, será o contexto o encargado de desfacer a
ambigüidade cando nos refiramos a un rapaz ou a unha rapaza.Cando non interesa especificar o xénero, o masculino desenvolve o papel de xénero común, namentres que o feminino é sempre feminino e non necesita para nada o masculino.
Algo similar poderiamos dicir do número: na proposición “Todo home é mortal “ non nos estamos a referir só a un home nin excluímos á muller.
Por temor a que nos consideren machistas, hoxe dicimos: “os alumnos e as alumnas”, “os profesores e as profesoras”, etc, en discursos longos resulta bastante nsoportable ter que padecer un uso innecesario da linguaxe (logos, razón común) que só indirectamente está relacionado con posturas onde o “poder” se pon
claramente de manifesto nas relacións sociais.Unha análise xenealóxica de determinadas palabras revelaría o seu forte compoñente ideolóxico do que non escapan tantos séculos de patriarcado, mais isto ten moi pouco que ver co funcionamento da linguaxe.
A Lingüística é unha das ciencias mellor cristalizadas (dobre articulación, fala, competencia, etc.) e non precisa de inxerencias externas que en lugar de simplificar compliquen o seu normal desenvolvemento.
Xosé Luís Arias
Profesor de Filosofía
HAIKU I
Resonancia en Musashi
No mar púrpura
Colapso cromático
HAIKU II
Na costa de Akashi
Vectores sen rumbo
Inmensidade
Daniel Omil Carracelas (S4)
O mar tráeme os recordos,
recordos de infancia,
de xogos,
risas e cantos.
Soños mollados
que cheiran a sol,
énchenme os ollos
traéndome a paz.
O amor chegou coa resaca
coma a marea á praia,
coma a escuma ás ondas,
coma os bicos aos teus beizos.
Óscar Sequeiros Tilves (S4)
NECESITO QUE ME AMES
Si tú sintieses lo que siento
la vida no sería un tormento
ni yo sería quien me invento.
Porque soy un mar de dudas
que crearon las experiencias duras.
No soy un libro abierto,
hay páginas que ni yo entiendo.
Desde que he sido parida,
fui empujada a sufrir la vida
sin conocer la alegría.
Sé bien que no me quieres,
y es que te conozco como eres.
Cuando esté libre de ataduras
y mi alma vuelva a ser pura,
te diré: Querido amigo
por ti nada he sufrido,
pero ahora que soy frágil
y contemplas mi debilidad,
no puedo aún hablarte con sinceridad.
Necesito inventarme grande,
necesito que me ames como soy.
¡Que me ames como soy!Mónica Otero Aguete (BT1)
Cada vez que me levanto
sueño con besar tus labios.
Cada segundo que pasa
me gustaría vivirlo a tu lado.
Si sueño es contigo
y es por ti por quien suspiro.Antía Rey Blanco 1º ESO
RECUERDOS
Mil noches en vela pasé
ahogándome en ti recuerdo,
añorando tu voz y tu sonrisa,
tu mirada y las noches sin fin junto a ti,
la dulzura de tus besos, la calidez de tu piel.
¡Qué tonto fui al creer tus mentiras!
Mil noches pasé llorando tu ausencia
Con el corazón roto, mi alma vacía y perdida,
rogando que la muerte terminara con mi pena,
y así poder dormir para siempre,
y no volver a llorar ni a recordar.
Pero ha pasado el tiempo,
mis lágrimas han dejado de brotar,
ahora eres un mal recuerdo
que a veces viene y se va,
como una tormenta en verano,
como las olas del mar.Yaco Scapinachis Echevarría (BT2)
Estaba sentada bajo la sombra de un árbol. La brisa
Jugueteaba con las hojas haciendo remolinos mientras le escribía
otra carta. La leí una y otra vez... hasta que las palabras se
quedaron grabadas en mi mente:
“Cansada porque no estás a mi lado; cansada porque...”
Descubrí entonces una lágrima cayendo por mi mejilla.
¡Maldita!
- “No llores, niña”, dijo una voz de hombre. “Y gracias por
esperarme”.
Incrédula, alcé mi rostro lentamente, temerosa de
Encontrarme con aquel que me hizo reir, que me enseñó a querer
y por el que tanto sufrí.
No podía ser real. Pero, ¿Qué hacía allí?
Se sentó a mi lado y secó mis lágrimas con su dedo pulgar.
Sin explicación alguna y con mi cara entre sus manos, intentó
besarme; pero su beso se perdió en el aire.
Quise marcharme y no pude.
Quise odiarle y... no pude.
Intenté rechazarle de nuevo, pero no, no pude.Olaia Collazo Carregal (BH2)

O día 22 e 25 de maio tivemos ocasión de disfrutar, no Salón de Actos do Instituto, de dous conciertos nos que participaron os alumnos e alumnas de música. Tocaron pezas de Luar na Lubre, Gloria Gaynor, The Beatles (entre outros) así como algunhas Bandas
Sonoras.

Excursión ó invernadoiro
Día 1:
Saímos as 11,30. Durante o traxecto en autobús, por autopista e autovía (Pontevedra- Vigo- Ourense- Verín) a profesora propúxonos dos xogos amenos, que consistían en contar as Pontes e os Túneles que iamos atopando.Fixemos unha breve parada en Verín para facer un descanso e tomar algo. Despois proseguimos e encontramos unha serie de estradas con moitas curvas e desniveis, ata chegar o Parque Natural.
.......
"Alhambra"
Os amigos de Boston viaxaron moito. Un foi ao Mar do Norte. O outro coñece Mallorca. Pero o mesmo Boston foi moito máis alá. Ao pasado. Máis precisamente, ao ano 1492.
Boston levaba moito tempo esperando o momento en que, cos seus compañeiros do
curso de castelán, visitaría a Alhambra. O que non sabía é que alí atoparía un obxecto
peligrosísimo e que, ao tocalo, aparecería de súpeto no ano 1492.E as cousas en Granada, en pleno século XV, non son nada fáciles. Os Reis Católicos acaban de reconquistala e queren converter a todo o mundo ao Cristianismo pola forza, incluíndo a Tariq e Salomón, os dous novos amigos de Boston que, a pesar de atoparse nunha situación desesperada, fan todo o posible por axudalo a volver ao presente. E as cousas complícanse cando os soldados confúndeno co prometido da
princesa Juana.Que finalmente logre regresar á súa propiaépoca, dependerá, en gran medida, do
descubrimento dun misterioso continente alén do mar por parte dun estraño xenovés chamado Cristóbal Colón.Alhambra é unha fascinante aventura chea de historia e viaxes no tempo, así como un canto á amizade máis aló de orixes e relixións.
"Así nacen as baleas"
Con “Así nacen as baleas”, a escritora Anxos Sumai obtén o Premio Repsol YPF do ano
2007. Nesta segunda edición, o premio de narrativa breve organizado por Repsol YPF en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e publicado por Editorial
Galaxia outórgase a unha obra que conta a historia dunha liberación a través da ollada dunha muller. Unha novela na que sentimentos, paixóns, condicionantes sociais e biografía estouran a través dunha maneira de narrar que descobre un mundo cos ollos novos de quen quere vivir nel de xeito diferente.Logo de acadar o Premio da Crítica galega con Anxos de garda no 2004 e despois do éxito entre lectores e lectoras de Melodía de días usados, Anxos Sumai obtén o Premio de Narrativa Breve Repsol YPF 2007. Así nacen as baleas conta a historia dunha viaxe de regreso á casa, á orixe familiar dunha muller nova que retorna ao seu pasado como única posibilidade de entender e vivir o presente.
De volta desde California, onde como bióloga traballa coas baleas, a narradora da novela redebuxa o seu pasado coa axuda da lembranza da figura do seu irmán Ramón, un neno con problemas psíquicos que, coma a protagonista, só é quen de existir mentres pode facerse preguntas.
Anxos Sumai conta a historia cunha linguaxe narrativa na que metáforas, personaxes e relato conflúen para describir o mundo desde a ollada diferente dunha rapaza e do seu irmán, con discapacidade intelectual.