IES Chan Do Monte
Chan do Monte, 23 -MOGOR- 36911-MARÍN
(Pontevedra)
Tel:986.88.33.05 - 986 88.36.79 Fax:986 89.17.37

Ciclos Superiores

Ciclos Superiores de Formación Profesional

No IES Chan do Monte ofertamos ciclos superiores das familias de comercio e informática e comunicacións. Todos os ciclos ofértanse en réxime ordinario con horario fundamentalmente de mañá.

Cada ciclo ten as súas propias características, nas seguintes ligazóns obterás información máis detallada dos ciclos superiores ofertados no noso instituto.


Requisitos de acceso 

Acceso Directo

Terá acceso directo ós ciclos formativos de grao superor o alumnado que cumpra algún dos requisitos seguintes:

No caso de que non se posúa algún dos requisitos de acceso a Ciclos Formativos de grao superior anteriormente citados, os aspirantes poderán realizar unha proba de acceso que será convocada polas distintas Administracións Educativas das Comunidades Autónomas, e cuxa superación terá validez en todo o territorio nacional.

Para acceder por esta vía aos ciclos formativos de grao superior requirirase ter, como mínimo, dezanove anos cumpridos no ano de realización da proba ou dezaoito se se acredita estar en posesión dun título de Técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder.

Ademais, permítese cursar un ciclo formativo de grao superior quedando exentos de proba a aqueles aspirantes que superen a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

Na seguinte dirección: http://www.edu.xunta.es/fp/probasCS.htm, atoparedes máis información sobre as probas de acceso (modelos de probas de acceso e unha guía orientativa da proba).



Máis información

 

Atrás Subir

 

Cofinanciado polo Fondo Social EuropeoXunta de Galicia