Páxina de inicio
Descrición do centro
Datos de contacto
Premios, ...
Programación anual
Instalacións
Software Libre
A nosa oferta
E.S.O.
Bacharelatos
Ciclos Medios
Ciclos Superiores
Oferta modular
E.P.A.
Garantía Social
Inscrición e Matrícula
Validacións
Principal
Dirección
Xefatura de estudios
Actividades
Secretaría
Boletíns Oficiais
Servizos Informáticos
Cursos formación
Orientación
Profesores
Proxectos europeos
FCT
Alumnado
Bolsa de traballo
Bolsa de traballo
No IES Chan do Monte ofertamos: ciclos de informática, administrativo, comercio e de Mantemento e servizos á producción. A duración dos mesos vai dende un ano académico (Xestión Administrativa e Comercio) a dous anos (Explotación de Sistemas Informaticos e o ciclo medio de Frío e Calor).
O ciclo medio de Xestión Administrativa ofértase tamén por módulos. Esta modalidade é a máis axeitada para as persoas adultas que pola súa actividade diaria teñen problemas de tempo para acceder ás clases co horario ordinario. Os alumnos e alumnas pódense matricular de aqueles módulos que lle interesen para o seu traballo ou para as súas espectativas laborais e, co tempo, obter o mesmo título que se se matricularan de xeito ordinario.
Para ober máis información sobre os ciclos ofertados no instituto, preme no seu nome.
Terá acceso directo ós ciclos formativos de grao medio o alumnado que cumpra algún dos requisitos seguintes:
- Ter cumpridos 18 anos de idade ou cumprilos no ano en que se realicen as probas.
- Acreditar, cando menos, un ano de experiencia laboral ou de inscricción como demandante de emprego.
- Ter superado un programa de garantía social. Neste caso, o alumno/a poderá solicitar, no momento da inscricción, a exención dalgunha das partes que compoñen a proba de acceso.
- Ter esgotada a escolaridade na E.S.O.
- Posuí-lo certificado de escolaridade de F.P. de primeiro grado ou equivalente.
- Ter cursado o primeiro ciclo das ensinanzas experimentais autorizadas polas ordes 6/11/83 e 1/3/85.
No caso de posuír un título correspondente a un ciclo de grao medio pódese acceder mediante proba a un ciclo de grao superior da mesma familia con 18 anos cumpridos (sen titulación a idade mínima é de 20 anos) no ano de realización da proba.