Normas xerais e funcionamento
Normas xerais
A biblioteca é un lugar de lectura, estudo,
consulta e procura de información, polo que é
necesario un ambiente de silencio.
- Non se pode beber nin comer na biblioteca.
- Non se pode utilizar teléfonos móbiles nin aparatos MP3.
- Na biblioteca hai diferentes espazos: as mesas
para o estudo e a lectura xeral, o sitio para a lectura de prensa na mesa da entrada, as butacas
para a lectura de cómics e o lugar dos
ordenadores. Respecta estes espazos en función do
que vaias facer.
- Manter a biblioteca en orde é tarefa de todos; así
que ó marchar hai que deixar todo no seu sitio. As
revistas e cómics no lugar correspondente, os
xornais na mesa da entrada, os libros nos andeis, pide axuda ós responsables da biblioteca cando a
precises-, recolle os papeis das mesas…
- Os ordenadores podes utilizalos para facer os teus
traballos, buscar información en internet, ver o teu
correo, deixar as túas opinións en blogs…, pero non para chatear nin xogar.
Servizos de préstamos
- O material da biblioteca clasifícase en tres grupos:
- Material de consulta e lectura na sala.
- Material de préstamo.
- Ordenadores.
- O primeiro (dicionarios, enciclopedias, atlas, manuais
de historia ou arte) pódense utilizar na sala, pero non ser
levado en préstamo. Para levar este material da
biblioteca a outros lugares do instituto, solicítallo ó profesor de garda da mesma nese momento ou faino
baixo a responsabilidade do profesor que solicita ese
material.
- Na páxina web do centro www.ieschandomonte.edu.es,
clicando en biblioteca, podes facer buscar libros,
informarte sobre actividades, novidades, etc.
- Podes levar en préstamo libros, DVDs, vídeos ou
revistas.
- Para poder levalos é necesario darllos ó profesor ou
profesores de garda para que rexistren o préstamo. Para
devolvelos tamén debes darllos ó profesor responsable
da biblioteca nese momento.
- O prazo de préstamo é de quince días, renovable outros
quince.
- Cada prestatario poderá sacar un máximo de tres
materiais simultaneamente.
- Utiliza a páxina web do centro para facer suxestións ou
déixaas na biblioteca. Podes propor a compra de libros,
revistas, Cdrom… que che parezan interesantes. Tamén
podes propor actividades, cambios no funcionamento,
etc.
Organización dos libros
- Os libros están organizados por materias seguindo
unha adaptación da clasificación universal (CDU).
Dentro de cada andel os libros están organizados por
orde alfabética de autores. Os libros levan no seu
lombo unha etiqueta ou tellolo que che axudará a
localizar o libro na biblioteca.
- A cada materia correspóndelle un díxito. Os díxitos
compoñen a CDU que atopas na etiqueta do lombo.
Esta consta de tres liñas, a primeira numérica e as
outras dúas alfabéticas.

- A súa correspondencia é a seguinte:
- 82 CDU correspondente a literatura, neste
caso vai acompañada de dúas letras: N que indica narrativa e C castelán (CDU).
- Tres primeiras letras do apelido do autor: Marías.
- Tres primeiras letras do título: Mañana en
la batalla piensa en mí.
Gardas e plano da biblioteca
Estas normas, xunto co horario dos profesores de garda da bibioteca e o plano coa distribución do material están no tríptico que adxuntamos (tríptico)