IES Chan Do Monte
Chan do Monte, 23 -MOGOR- 36911-MARÍN
(Pontevedra)
Tel:986.88.33.05 - 986 88.36.79 Fax:986 89.17.37

Actividades

Curso 2005-2006

Conmemoración do XXV Aniversario

Durante todo este curso conmemoramos o 25 aniversario do IES Chan do Monte e o día 9 de xuño celebramos o acto central desta conmemoración.

Visita didáctica ó Parque natural "Montes de Invernadeiro"

Os Seminarios de Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía, dende o ano 1991 veñen realizando unha actividade extraescolar de tres – catro días de duración no Parque Natural dos “Montes de Invernadeiro” situado no surleste de Ourense.

Imaxes da visita

Actuación do Coro Gospel DOXA

Un Saxo, dous teclados, unha guitarra, unha batería, un baixo, bongos, un violín, sesenta voces, un director ...

IX Xornadas de Historia de Galicia

Durante os días 7, 8, 9 de febreiro celebráronse as IX XORNADAS DE HISTORIA DE GALICIA no I.E.S. “Chan do Monte” de Mogor (Marín), dedicadas nesta ocasión a conmemorar o XXV aniversario do Grupo de Arqueoloxía “Alfredo García Alén”.

Serra de Gredos e Val do JerteActividade anual na Serra de Gredos e Val do Jerte

Celebrada os días 20 a 24 de Setembro, coa participación de 35 alumnos de diferentes cursos e tres profesores. Nestes días desenvolvéronse actividades de sendeirismo en alta e media montaña, tirolinas, tiro con arco, rapel...

Imaxes da viaxe

Exhibition on the Renaissance

Esta actividade propón unha colección de pinturas do renacemento e textos da época como axuda na aprendizaxe de idiomas.

Álvaro Gómez durante unha das conferenciasCiclo de conferencias sobre seguridade

No mes de novembro celebrouse no Salón de Actos do Instituto unha conferencia sobre a LOPD. A charla estaba dirixida a alumnos e profesores dos ciclos medios e superiores que se imparten no centro. A conferencia, impartida por D. Álvaro Gómez Vieites, resultou moi amena e os asistentes colaboraron activamente con preguntas e observacións sobre o tema.

A charla sobre a LOPD foi a primeira dun ciclo de 3 conferencias sobre a seguridade da información que ten programadas para este curso o Departamento de Informática.

No mes de marzo celebráronse as outras dúas conferencias programadas:

  • El papel de la Criptografía, Esteganografía y Firma electrónica.
  • Seguridad en la navegación y en las compras por Internet.

Máis información sobre o Ciclo de Conferencias

 

Cofinanciado polo Fondo Social EuropeoXunta de Galicia