Páxina de inicio
Descrición do centro
Datos de contacto
Programación anual
Instalacións
Software Libre
A nosa oferta
E.S.O.
Bacharelatos
Ciclos Medios
Ciclos Superiores
Oferta modular
E.P.A.
Garantía Social
Inscrición e Matrícula
Validacións
Principal
Dirección
Xefatura de estudios
Actividades
Secretaría
Boletíns Oficiais
Servizos Informáticos
Cursos formación
Orientación
Profesores
Proxectos europeos
FCT
Alumnado
Bolsa de traballo
Bolsa de traballo 5, 6 e 7 de abril de 2005
O I.E.S. “Chan do Monte” celebrou, os días 5, 6 e 7 de abril, as xa tradicionais Xorna-das de Historia de Galicia, que acadan a súa oitava edición.
Baixo o título de “Entre Tebras: as Raíces de Galicia”, centráronse en tres núcleos temáticos. O primeiro pasou revista a un proxecto estrela da Conselllería de Cultura: O Parque Arqueolóxico rupestre de Campo Lameiro. José Manuel Rey García, membro do equipo responsable do proxecto, foi o encargado de expoñer con detalle o que se trata de realizar.
A segunda charla tivo como obxetivo difundir o coñecemento dun dos xacementos arqueolóxicos máis sobranceiros do Morrazo: O monte do Facho, en Donón, obxecto dunha campaña de excavacións. O director desta actuación, o arqueológo Xosé Suárez Otero, foi o relator que transmitíu ós asistentes os datos máis relevantes.
Por último, os profesores do centro, Anne Haire e Buenaventura Aparicio, fixeron na súa diserción un estudio comparativo das mitoloxías de Irlanda e Galicia, poñendo de manifesto as súas afinidades e diferencias.
Todas as conferencias-coloquio contaron co apoio dun amplo material audiovisual e foron seguidas con atención por parte dos alumnos e as alumnas asistentes.
PROGRAMA
Día 5 de abril , Martes
12 h. Conferencia-coloquio: O PARQUE ARQUEOLÓXICO RUPESTRE: UN PROXECTO PARA A POSTA EN VALOR DOS PETROGLIFOS GALEGOS.
Relator: D. JOSÉ MANUEL REY GARCÍA. Servicio de Arqueoloxía da Consellería de Cultura.
Día 6 de abril , Mércores
12h. Conferencia-coloquio: MONTE DO FACHO: POBOADO CASTREXO E SANTUARIO GALAICO-ROMANO.
Relator: D. XOSÉ SUÁREZ OTERO. Arqueólogo da catedral de Santiago.
Día 7 de abril , Xoves
12 h. Mesa redonda: MITOLOXÍA DOS FINIESTERRES ATLÁNTICOS.
Relatores:
- Dª ANNE HAIRE. Profesora de Inglés. I.E.S. "Chan do Monte".
- D. BUENA VENTURA APARICIO CASADO. Antropólogo I.E.S. "Chan do Monte".