Páxina de inicio
Descrición do centro
Datos de contacto
Programación anual
Instalacións
Software Libre
A nosa oferta
E.S.O.
Bacharelatos
Ciclos Medios
Ciclos Superiores
Oferta modular
E.P.A.
Garantía Social
Inscrición e Matrícula
Validacións
Principal
Dirección
Xefatura de estudios
Actividades
Secretaría
Boletíns Oficiais
Servizos Informáticos
Cursos formación
Orientación
Profesores
Proxectos europeos
FCT
Alumnado
Bolsa de traballo
Bolsa de traballo
Durante os días 7, 8, 9 de Febreiro terán lugar as IX XORNADAS DE HISTORIA DE GALICIA no I.E.S. “Chan do Monte” de Mogor (Marín), dedicadas nesta ocasión a conmemorar o XXV aniversario do Grupo de Arqueoloxía “Alfredo García Alén”.

Este Grupo leva o nome dunha persoa nobre, sinxela e xenerosa, que foi durante moitos anos Secretario do Museo de Pontevedra. Home de moitos saberes, mestre dalgúns dos fundadores do Grupo e amigo de todos, foi recoñecido como unha autoridade no campo da arqueoloxía e da Etnografía.
Nos vintecinco anos transcorridos, o Grupo “A. García Alén” levou a cabo unha impresionante tarefa invetigadora nos diferentes eidos da Arqueoloxía: prospección, escavación, proteción e difusión do noso rico patrimonio, aportando contribucións de grande importancia como a realización das primeiras datacións radiocarbónicas e a creación dunha sección de Arqueoloxía submarina. A escavación con escolares da antiga E.X.B da mámoa de Monte de Moa en Poio, supuxo unha experiencia pedagóxica inédita en Galicia.
A presentación destas IX Xornadas estará a cargo da Ilma. Delegada de Cultura Dª Marta Souto. As conferencias-coloquio serán impartidas por D. Buenaventura Aparicio Casado (antropólogo) e D. Antonio de la Peña Santos (arqueólogo). A clausura será presidida polo Ilmo. Delegado de Educación e O.U., D. José A. Cristóbal Fernández.
As Xornadas desenvolveranse no Salón de Actos do Instituto a partir das 12,00h.da mañá, sendo a entrada é libre ata completar o aforo.