IES Chan Do Monte
Chan do Monte, 23 -MOGOR- 36911-MARÍN
(Pontevedra)
Tel:986.88.33.05 - 986 88.36.79 Fax:986 89.17.37

Actividade anual na Serra de Gredos e Val do Jerte

(ORGANIZADA POLO SEMINARIO DE EDUCACIÓN FÍSICA)

20 a 24 de setembro de 2005

Celebrada os días 20 a 24 de Setembro, coa participación de 35 alumnos de diferentes cursos e tres profesores. Nestes días desenvolvéronse actividades de sendeirismo en alta e media montaña, tirolinas, tiro con arco, rapel...

TirolinaA suliñar a boa disposición dos alumnos cara a participación nas actividades desenvolvidas e a convivencia entre o grupo, tanto durante as etapas de montaña como nos albergues e cidades visitadas.

Tras facer unha paradiña na zona monumental de Salamanca, os dous primeiros días chegamos dende a plataforma de Gredos ata as lagoas glaciares ó pe do pico Almanzor donde tiñámolo refuxio, e tamén subimos ata o cumio do pico Morezón.

Mentras permanecemos no alto da serra de Gredos vivenciamos as explendidas paisaxes da alta montaña, a sua fauna mais característica (cabras monteses e salamandras da serra) e as actividades gandeiras e turísticas que componen a base da sua infrastructura económicxa. A convivencia en un refuxio de montaña foi para moitos unha experiencia inesquencible.

Baixamos dos cumios centrais da serra de Gredos o terceiro día para instalar o “campamento base” durante os dous seguintes días no albergue da antigua poboación xudea de Herbás. Visitamos Granadilla e Plasencia, tamén vimos pasar á voltra ciclista a España, e como colofón un percorrido de mais de catro horas polos arredores do cerdeiro val do Jerte, con parada e baño nas pozas próximas á garganta dos infernos. Os profesores e alumnos que participamos na actividade quedamos moi satisfeitos da mesma.

 

Imaxes da viaxe

Voltar a Actividades

 

Cofinanciado polo Fondo Social EuropeoXunta de Galicia