IES Chan Do Monte
Chan do Monte, 23 -MOGOR- 36911-MARÍN
(Pontevedra)
Tel:986.88.33.05 - 986 88.36.79 Fax:986 89.17.37

Espiral: o noso Taller de Teatro

Artigo da revista do instituto "LABIRINTO"

Cando empezamos non sabían o que lles esperaba. Creo que tan só buscaban algo novo.

E porque esa acelerada busca de algo novo? É unha pregunta difícil. Pero certo é que a vida da nosa xente nova está tan falta de horizontes que calquera cousa vale. Pode ser o teatro a cousa nova, pero tamén pode ser outra... E non sabemos ben o que é.

Estes sete mozos tiveron a oportunidade de coñecer o Teatro e ter a tal experiencia nova, por iso é tan doado sentir que o teu traballo serve para algo. Para que sete xoves saiban que non hai lugar no mundo máis libre que o Teatro, un espazo no que todo cabe, no que todo é posibel, e no que todo se constrú en conxunto. Para moitos pode parecer imposibel conciliar liberdade con conxunto; a min paréceme que non, e a proba queda ben visibel en cada obra de Teatro que poidamos ver.

Pero aínda así non era de abondo. Ver o desenvolvemento das liberdades creativas de cada un e tamén da súa integración e dedicación a un colectivo, non nos chegaba. Había que intentar estimular nestes rapaces un compromiso coa súa língua, irmá maior da miña, piar da súa historia e da súa cultura. ASí aos poucos, xurdiu "Os fillos da memoria", resultado final de todas as nosas horas de traballo. Para min, pouca cousa cando a comparo coa alegría destes rapaces ensaiando.

Zé Paredes (Director)

 

voltar a Actividades

 

Cofinanciado polo Fondo Social EuropeoXunta de Galicia