Páxina de inicio
Descrición do centro
Datos de contacto
Programación anual
Instalacións
Software Libre
A nosa oferta
E.S.O.
Bacharelatos
Ciclos Medios
Ciclos Superiores
Oferta modular
E.P.A.
Garantía Social
Inscrición e Matrícula
Validacións
Principal
Dirección
Xefatura de estudios
Actividades
Secretaría
Boletíns Oficiais
Servizos Informáticos
Cursos formación
Orientación
Profesores
Proxectos europeos
FCT
Alumnado
Bolsa de traballo
Bolsa de traballo 
O Venres 22 de Abril de 2005 actuou no Salón de actos do Instituto o Coro Gospel DOXA.
DOXA é un dos coros da centenaria comunidade evanxélica marinense que conta con 50 voces de idades comprendidas entre os 14 e os 40 anos.
Na súa maioría son aficionados á música, pero que se atreveron a representar un repertorio baseado nas novas tendencias de música Gospel nos EEUU traducido ó castelán.
A música ofréceuse en riguroso directo. As cincuenta voces veñen acompañadas por un saxo, dous teclados, un violín, unha guitarra e un baixo eléctricos, bongos e batería.
O proxecto musical que presentaron foi o primeiro dunha serie de concertos que ofreceron en diversos puntos da xeografía galega.
Cecais sexan os chamados espirituais negros a orixe da música gospel… Cánticos nos que unha poboación oprimida pola lacra da esclavitude tiña a súa vía de escape no “evanxelio” (gospel, en inglés).
Na actualidade, a música gospel camiña hacia novas tendencias en canto a ritmos, estilos, utilización de instrumentos... Novas tendencias pero coa mesma finalidade: o evangelio como vía de escape dunha sociedade que en moitos aspectos segue presa dunha esclavitude peor que a física… pero unha escravitude da que o gospel (evanxelio) segue liberando.
