Páxina de inicio
Descrición do centro
Datos de contacto
Programación anual
Instalacións
Software Libre
A nosa oferta
E.S.O.
Bacharelatos
Ciclos Medios
Ciclos Superiores
Oferta modular
E.P.A.
Garantía Social
Inscrición e Matrícula
Validacións
Principal
Dirección
Xefatura de estudios
Actividades
Secretaría
Boletíns Oficiais
Servizos Informáticos
Cursos formación
Orientación
Profesores
Proxectos europeos
FCT
Alumnado
Bolsa de traballo
Bolsa de traballo
Apreder, no sentido de dar-recibir que os galegos lle damos á palabra, debe complementarse con actividades que fomenten entre o alumnado a curiosidade polo coñecemento.
As que seguen son algunhas das actividades levadas a cabo no IES Chan do Monte.
--------------------------------------------------------
--------------------------------------------------------
--------------------------------------------------------
Durante todo este curso conmemoramos o 25 aniversario do IES Chan do Monte e o día 9 de xuño celebramos o acto central desta conmemoración.
Visita didáctica ó Parque natural "Montes de Invernadeiro" Os Seminarios de Física e Química e Bioloxía e Xeoloxía, dende o ano 1991 veñen realizando unha actividade extraescolar de tres – catro días de duración no Parque Natural dos “Montes de Invernadeiro” situado no surleste de Ourense.
Un Saxo, dous teclados, unha guitarra, unha batería, un baixo, bongos, un violín, sesenta voces, un director ...
Durante os días 7, 8, 9 de febreiro celebráronse as IX XORNADAS DE HISTORIA DE GALICIA no I.E.S. “Chan do Monte” de Mogor (Marín), dedicadas nesta ocasión a conmemorar o XXV aniversario do Grupo de Arqueoloxía “Alfredo García Alén”.
Actividade anual na Serra de Gredos e Val do Jerte Celebrada os días 20 a 24 de Setembro, coa participación de 35 alumnos de diferentes cursos e tres profesores. Nestes días desenvolvéronse actividades de sendeirismo en alta e media montaña, tirolinas, tiro con arco, rapel...
Esta actividade propón unha colección de pinturas do renacemento e textos da época como axuda na aprendizaxe de idiomas.
Ciclo de conferencias sobre seguridade No mes de novembro celebrouse no Salón de Actos do Instituto unha conferencia sobre a LOPD. A charla estaba dirixida a alumnos e profesores dos ciclos medios e superiores que se imparten no centro. A conferencia, impartida por D. Álvaro Gómez Vieites, resultou moi amena e os asistentes colaboraron activamente con preguntas e observacións sobre o tema.
A charla sobre a LOPD foi a primeira dun ciclo de 3 conferencias sobre a seguridade da información que ten programadas para este curso o Departamento de Informática.
No mes de marzo celebráronse as outras dúas conferencias programadas: