Páxina de inicio
Descrición do centro
Datos de contacto
Programación anual
Instalacións
Software Libre
A nosa oferta
E.S.O.
Bacharelatos
Ciclos Medios
Ciclos Superiores
Oferta modular
E.P.A.
Garantía Social
Inscrición e Matrícula
Validacións
Principal
Dirección
Xefatura de estudios
Actividades
Secretaría
Boletíns Oficiais
Servizos Informáticos
Cursos formación
Orientación
Profesores
Proxectos europeos
FCT
Alumnado
Bolsa de traballo
Bolsa de traballo
¿Tes dificultades para estudiar?, ¿esfórzaste moito e non consegues os resultados esperados?, pode que necesites axuda, pode que necesites aprender a estudiar.
Has de saber que son moitos os alumnos e alumnas que se desaniman porque conseguen notas moi baixas a pesar de dedicar tempo e esforzo ó estudio. Teñen dificultades para concentrarse, mante-la atención, memorizar e, en xeneral, cústalles moito estudiar.
Frases como: ¡isto é moi difícil!, ¡non consigo aprender nada!, ¡a maior parte das cousas non as entendo!, etc., se escoitan con frecuencia en alumnos e alumnas que, desmoralizados, abandonan os estudios.
Algúns opinan que é un problema de capacidade e se lamentan dicindo que por moito que o intentan non son capaces de aprobar. Pero a verdade, é que na maioría dos casos, o alumnado non sabe organizar o traballo nin dosifica-lo tempo; ten dificultade para comprende-lo que lee e, por suposto, para analiza-lo seu contido; non sabe economizar tempo e esforzo; memoriza por igual toda a información que aparece nun texto, sen diferenciar entre as ideas principais e as secundarias; descoñece como elaborar un resumen, un esquema, etc.
É dicir, estudiar non consiste en coller un libro e, sen máis, intentar memoriza-lo que alí aparece. Por moita forza de vontade que se poña, a motivación vai desaparecendo coando os resultados non se corresponden con o esforzo realizado. o secreto está en saber como racionalizar e dosifica-la enerxía que, como estudiantes, precisaremos no noso traballo diario.
Neste senso, para facernos máis fácil e levadero o estudio, é importante coñecer algunhas técnicas, habilidades ou destrezas que nos van a permitir enfrontarnos a el con maiores garantías de éxito, permitíndonos, ademais, economizar tempo e esforzo.
![]()
Poñer, mentres se lee, unha raia debaixo das palabras ou frases que nos parecen máis importantes para logo poder localizalas con facilidade é algo que se fai con frecuencia, sobre todo coando buscamos información sobre un tema determinado.
Entre os estudiantes tamén é frecuente subraiar, nos apuntes ou no libro de texto, as ideas fundamentais para facer máis fácil o repaso ou o estudio posterior.
O método do subraiado non constitúe, polo tanto, ningunha novidade. Agora ben, para que realmente nos facilite o estudio hai que domina-la súa técnica. Un bon subraiado aforra moito tempo e esforzo pero, un mal subraiado non só non axuda senón que pode ser contraproducente.
Adquirir o nivel de destreza adecuado é cuestión de práctica. non obstante recoméndase ter en conta o seguinte:
Normalmente tódolos textos teñen un título que constitúe a idea principal. Ela debe ser a referencia para localizar as ideas principais e secundarias.
Non deixes nunca que outra persoa realice o subraiado por ti. É unha tarefa moi persoal. Uns necesitan marcar máis palabras ou frases que outros. E non debes esquecer que calquera subraiado é bo sempre que che permita recorda-lo maior número de datos posible.
Nas seguintes ligazóns tes algún texto para practicar.
Resumimos un texto cando reducimos a súa extensión seleccionando unicamente as ideas máis importantes.
No resumen, deben aparecer, de forma breve, os aspectos esenciais do texto.
Para facer un bo resumen é recomendable seguir unha serie de pasos:
Primeiro é convinde subraia-lo texto. Non esquezas buscar no diccionario as palabras ou frases que non entendas.
Despois escribe, utilizando as túas propias expresións, tódalas ideas subraiadas.
Para rematar, únelas e constrúe o resumen co menor número posible de palabras.
Nestas ligazóns atoparás exercicios prácticos.
![]()
O esquema é como o esqueleto dun texto. Vanos permitir, dun vistazo, observar tódalas ideas e a relación que existe entre elas.
Na súa elaboración, como complemento ideal, partiremos do subraiado e do resumen.
Non esquezas que, ó igual que nos casos anteriores, o esquema debe ser o resultado dunha tarefa persoal, empregando as túas propias expresións e palabras. Non te servirá de nada que outro o faga por ti, porque ha de permitirte recorda-lo contido do texto, e esto non será posible se antes non fixeches unha lectura atenta e reflexiva.
Na seguinte páxina podes ver un exemplo de esquematización. Exemplo.