Páxina de inicio
Descrición do centro
Datos de contacto
Programación anual
Instalacións
Software Libre
A nosa oferta
E.S.O.
Bacharelatos
Ciclos Medios
Ciclos Superiores
Oferta modular
E.P.A.
Garantía Social
Inscrición e Matrícula
Validacións
Principal
Dirección
Xefatura de estudios
Actividades
Secretaría
Boletíns Oficiais
Servizos Informáticos
Cursos formación
Orientación
Profesores
Proxectos europeos
FCT
Alumnado
Bolsa de traballo
Bolsa de traballo ¿Remataches? Comproba si lendo unicamente o subliñado mantense o sentido do texto. Se é así, ¡en hora boa!. Se non, non te desanimes e volve a intentalo. Non teñas dúbida de que a constancia e máis a práctica frecuente farán que te convertas nun experto.
A actividade contaminante do home esta poñendo en perigo a capa de ozono, unha rexión da atmosfera que protexe ao planeta dos raios ultravioleta do sol, moi nocivos para a vida. Sen este envoltorio gasoso, que se atopa a uns 40 quilómetros de altitude sobre o nivel do mar, a existencia no noso planeta sería imposible. Os estudios mostraron que a capa de ozono está sendo danada polo uso crecente de clorofluorocarbonos (CFC, compostos de fluor), que se empregan en aparatos de refrixeración e aire acondicionado, en disolventes de limpeza, materiais de empaquetado e aerosois. O cloro, un produto químico que se encontra nos CFC, ataca ó ozono facéndoo desaparecer.
Ó principio críase que a capa de ozono estábase a reducir de forma homoxénea en todo o planeta. Mais, en 1985, posteriores investigacións revelaron a existencia de un gran buraco centrado enriba da Antártica.
O adelgazamento da capa de ozono expón á vida terrestre a un exceso de radiación ultravioleta, que pode producir cancro de pel e cataratas, reduci-la resposta do sistema inmunolóxico, interferir no proceso de fotosínteses das plantas e afectar ó crecemento do fitoplancto oceánico. Debido á crecente ameaza que representan estes perigosos efectos sobre o medio ambiente, son moitos os países que traballan no proxecto de suprimi-la fabricación e uso dos CFC. De tódolos xeitos, os CFC poden permanecer na atmosfera durante máis de 100 anos, polo que a destrución do ozono continuará representando unha ameaza durante décadas.
![]()