¿Remataches? Comproba si lendo unicamente o subliñado mantense o sentido do texto.
Se é así, ¡en hora boa!. Se non, non te desanimes e volve a intentalo (para eliminar o subliñado, selecciona o texto e preme a letra U). Non teñas dúbida de que a constancia e máis a práctica frecuente farán que te convertas nun experto.
O IMPERIO ROMANO
A comezos de este período, Roma se había convertido no centro do Imperio e dela partía
o sistema viario que poñía en contacto as diferentes rexións, polo que ben podía ser considerada
como a capital do mundo. Esta vasta aglomeración estaba dotada con unha rede que permitía o
abastecemento de auga e outra de alcantarillado, pero os barrios pobres superpoboados eran
causa de frecuentes incendios. Por este motivo, o emperador Augusto instituíu as vixilias, ou
bombeiros con poderes policiais. A pesar de todo, no 64 d.C., un desastroso incendio destruíu
gran parte do centro da cidade. Para Nerón, emperador entonces no poder, esta foi a
oportunidade de construír o seu palacio da Casa Dourada.
A dinastía Flavia (69-96 d.C.) iniciou, para gañarse o favor do pobo romano, un programa
de obras públicas; a máis destacada destas foi o anfiteatro coñecido como Coliseo, onde se
representaban xogos entre gladiadores ou incluso batallas navais (naumaquias) sobre o escenario
que eran enormemente populares. Naquel tempo, en Roma, non había traballo suficiente para
tanta poboación, de aí que para evitar revoltas populares fora frecuente a distribución de
alimentos entre o pobo e a celebración de espectáculos gratuítos no Coliseo, mantendo así a
política de 'pan e circo' que comezou na época republicana. Tamén eran frecuentes as
representacións gratuítas en teatros públicos.
O emperador Trajano mandou construír a principios do século II o último dos foros
imperiais. Por entonces, os baños termais, algúns incluso con bibliotecas, se habían convertido
nunha parte esencial da vida da cidade; os máis grandes foron as termas construídas por Caracalla e Diocleciano no século III. Xa que o declive chamaba ás portas do Imperio, levantouse
no século III outra muralla rodeando a cidade. No seguinte século, non obstante, era obvio que a
corte imperial debería estar máis próxima á fronteira. O emperador Constantino I o Grande fundou a cidade de Constantinopla para ser a 'nova roma' cristián. Anque entonces Roma empezaba a
deteriorarse seriamente, edificáronse neste período as primeiras basílicas cristiáns máis
importantes, entre elas a de San Pedro.