Páxina de inicio
Descrición do centro
Datos de contacto
Programación anual
Instalacións
Software Libre
A nosa oferta
E.S.O.
Bacharelatos
Ciclos Medios
Ciclos Superiores
Oferta modular
E.P.A.
Garantía Social
Inscrición e Matrícula
Validacións
Principal
Dirección
Xefatura de estudios
Actividades
Secretaría
Boletíns Oficiais
Servizos Informáticos
Cursos formación
Orientación
Profesores
Proxectos europeos
FCT
Alumnado
Bolsa de traballo
Bolsa de traballo As Ensinanzas de Música e Danza, inclúen:
A ensinanza non profesional: estudios de música e danza sen validez académica oficial, orientados á formación de afeccionados, sen limitación de idade, e a favorecer un coñecemento maior destas disciplinas en idades temperás, descubrindo vocacións e aptitudes que se poderán canalizar na ensinanza profesional.
As ensinanzas profesionais de Música e Danza son aquelas que se imparten con validez académica oficial e conducen a unha titulación académica. Estas ensinanzas oriéntanse á cualificación de futuros profesionais para a súa incorporación no eido laboral propio destas disciplinas.
Os centros que imparten estas ensinanzas denomínanse CONSERVATORIOS DE MÚSICA e CONSERVATORIOS DE DANZA.
O acceso a estas ensinanzas no seu tramo profesional é mediante proba, podendo ingresar en cursos intermedios sen o requisito de cursar ou supera-los tramos anteriores de ensinanza regrada.
Así mesmo, o alumnos poden, con carácter excepcional e previa autorización do profesorado, matricularse en máis dun curso académico cando así o permita a súa capacidade de aprendizaxe.
| GRAOS | DURACIÓN | REQUISITOS DE ACCESO | CREDENCIAL OBTIDA |
| Elemental | Catro anos | - Idade idónea (A idade mínima é de 8 años e a máxima de 14) - Proba de ingreso |
- Certificado de estudos |
| Medio | Seis anos (Tres ciclos de dous anos cada un) | - Proba de acceso. |
- Título Profesional - Bacharelato de Música, se ademais do título profesional se superan as materias comúns do Bacharelato |
Superior |
Catro ou cinco anos, segundo a especialidade | - Bacharelato LOXSE - Titulo Profesional - Proba de ingreso - A Lei permite acceder sen cumpri-los requisitos académicos, superando unha proba |
- Título Superior (Equivalente, para tódolos efectos, a Licenciado Universitario: art.42.3 LOXSE)
|
GRAOS |
DURACIÓN |
REQUISITOS DE ACCESO |
CREDENCIAL OBTIDA |
Elemental |
Catro anos |
- Idade idónea - Proba de ingreso |
Certificado de estudos |
Medio |
Seis anos (Tres ciclos de dous anos cada un) |
- Proba de acceso |
- Título Profesional. Bacharelato de Danza, se ademais do título profesional se superan as materias comúns do Bacharelato |
Superior |
A duración determinarase en función das características das ensinanzas |
- Bacharelato LOXSE - Titulo Profesional - Proba de ingreso A Lei permite acceder sen cumpri-los requisitos académicos, superando unha proba |
Título Superior (Equivalente, para tódolos efectos, a Licenciado Universitario: art.42.3 LOXSE) |
As ensinanzas non profesionais son aquelas que non conducen á obtención de titulación académica oficial, sendo a súa finalidade difundir estas disciplinas mediante a formación de afeccionados, que poderán cursar tales ensinanzas sen limitación de idade, e favorecer un coñecemento maior das mesmas en idades temperás, descubrindo vocacións e aptitudes que se poderán canalizar nas ensinanzas profesionais.
Os Centros que imparten as devanditas ensinanzas chámanse ESCOLAS DE MÚSICA E DANZA, podendo ser públicas ou privadas.
Esta vía permite o afondamento na música ou na danza, o mesmo tempo que esperta un interese profesional; nese caso a lexislación contempla a posibilidade de acceder ós estudos conducentes á titulación mediante a demostración nunha proba dos coñecementos posuídos, con independencia de como se adquirisen.
Nas escolas de Música promóvese:
Fomentar desde a nenez, en idades temperás, o coñecemento e apreciación da música.
Fomenta-lo interese pola participación en agrupacións vocais e instrumentais.
Desenvolver unha oferta ampla e diversificada de educación musical, sen límite de idade.
Orientar aqueles casos nos que o especial talento e vocación do alumno o aconsellen cara á ensinanza profesional proporcionando a preparación adecuada para o acceso á mesma.
Fomentar desde a nenez, en idades temperás, o coñecemento e apreciación da danza.
Fomenta-lo interese pola participación en agrupacións de danza.
Desenvolver unha oferta ampla e diversificada de formación no movemento e a danza, sen límite de idade.
Orientar aqueles casos nos que o especial talento e vocación do alumno o aconsellen cara á ensinanza profesional proporcionando a preparación adecuada para o acceso á mesma.
![]()