Páxina de inicio
Descrición do centro
Datos de contacto
Programación anual
Instalacións
Software Libre
A nosa oferta
E.S.O.
Bacharelatos
Ciclos Medios
Ciclos Superiores
Oferta modular
E.P.A.
Garantía Social
Inscrición e Matrícula
Validacións
Principal
Dirección
Xefatura de estudios
Actividades
Secretaría
Boletíns Oficiais
Servizos Informáticos
Cursos formación
Orientación
Profesores
Proxectos europeos
FCT
Alumnado
Bolsa de traballo
Bolsa de traballo 
As ensinanzas de Formación Profesional organízanse en ciclos formativos de duración variable. Un ciclo formativo centra a ensinanza e a formación nun conxunto de coñecementos e habilidades que completan a formación necesaria para exercer unha profesión.
Son ensinanzas conducentes a unha titulación, e os seus contidos establécese de acordo coas necesidades do mundo laboral. Teñen como finalidade proporciona-la formación necesaria para:
Adquiri-la competencia profesional característica de cada título.
Comprende-la organización e as características do sector correspondente.
Coñece-la lexislación laboral básica e os dereitos e obrigas propios de cada traballo.
Dispor dos coñecementos e habilidades que se precisan para traballar en condicións de seguridade.
Coñece-los mecanismos de inserción laboral.
Afondar na autonomía, identidade e madureza persoal e profesional, de xeito que o traballador esté capacitado para adaptarse os cambios de cualificacións que se podan producir o longo da súa vida profesional.
En resumo, os ciclos formativos poden ser definidos como "ensinanzas de estructura modular e de duración variable que teñen como finalidade primordial prepara-lo alumno para o exercicio cualificado dunha profesión".
![]()
Os ciclos formativos organízanse en módulos profesionais de formación teórico-práctica.
Enténdese por módulo un conxunto de ensinanzas agrupadas pola súa afinidade ou relación cunha das unidades de competencia de que se compón un título.
Os ciclos formativos comprenden dúas facetas complementarias e diferentes: unha desenvolvida nos centros educativos (conxunto de módulos profesionais impartidos no centro) e outra desenvolvida nos centros de traballo, a través dos oportunos acordos de colaboración coas empresas (módulo de formación en centro de traballo).
a) Módulos impartidos no centro educativo. Tódolos ciclos formativos inclúen:
Módulos de contido tecnolóxico-práctico. Son os propios de cada titulación e están relacionados coas competencias profesionais do perfil conectadas co correspondente título.
Módulo profesional de formación e orientación laboral. Inclúe un bloque de contidos relacionado co coñecemento do respectivo sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia. Contribúe ó coñecemento da lexislación laboral básica e das condicións de saúde e de risco de cada profesión, e ó favorecemento dos procesos de inserción laboral.
Módulo de proxecto integrado. Este módulo, contribúe a comprender globalmente o resto de módulos de contido tenolóxico-práctico impartidos no centro educativo; integra ordenadamente distintos coñecementos de organización, técnicas e procesos que se desenvolven nas diferentes actividades productivas do sector correspondente ó titulo, e promove a adquisición de coñecementos, destrezas, habilidades e actitudes que favorezan o desenvolvemento da profesión para a que se forma o alumnado, demandas polo contorno productivo e que non poden ser recollidas no resto dos módulos profesionais. No desenvolvemento do módulo de proxecto integrado polo centro educativo tómase como referencia un proceso productivo ou de servicios, real ou simulado.
b) Módulo de formación en centros de traballo. É de carácter obrigatorio para tódolos ciclos formativos e estructúrase a través do programa formativo deseñado para cada centro productivo. Esta formación desenvólvese procurando aplica-las competencias profesionais adquiridas no centro educativo e complementalas con aquelas previamente identificadas entre as actividades productivas do centro de traballo. Con carácter xeral, constitúe a derradeira fase da formación no ciclo.
![]()
A duración destes ciclos está comprendida entre 1.300 e 2.000 horas de formación, que se reparten entre o centro educativo e o centro de traballo. Con carácter xeral, a formación no centro educativo é a primeira que se imparte, e posteriormente aplícanse os coñecementos adquiridos completándoos co desenvolvemento da formación no centro de traballo. Existen catro tipos de ciclos segundo a súa duración:
Ciclos de 1.300 a 1.400 horas. Organízanse en catro trimestres, inclúen 960 horas impartidas no centro educativo durante os tres primeiros trimestres. Tralas vacacións de verán, desenvólvese o módulo de formación en centros de traballo, cunha duración de 340 a 440 horas.
Ciclos de 1.700 horas. Desenvólvense en cinco trimestres, teñen 960 horas de formación no centro escolar, que ocupan os tres primeiros, e unha Formación en Centros de Traballo de 740 horas realizada tralas vacacións de verán, que dura dous trimestres.
Ciclos de 2.000 horas. Lévanse a cabo en 6 trimestres e ocupan dous cursos escolares completos. No primeiro curso (3 trimestres) impártese formación no centro escolar e durante o segundo curso existe unha dobre configuración:
Se o ciclo inclúe 380 horas de Formación en Centro de Traballo, entón os dous primeiros trimestres son de formación escolar e o último de FCT.
Se o ciclo ten 710 horas de Formación práctica en Centros de Traballo, o primeiro trimestre será de formación no centro educativo e os dous seguintes de FCT.
![]()
O profesorado avaliará, de xeito individual e en equipo, as aprendizaxes dos alumnos. Esta avaliación será continua e realizarase por módulos profesionais. Os profesores considerarán o conxunto dos módulos profesionais do ciclo formativo e contarán coa coordinación do profesor titor e coa asesoría do servicio de orientación do centro educativo.
Este proceso de avaliación continua do alumno require a súa asistencia regular ás clases e ás actividades programadas para os distintos módulos profesionais. Con todo, nos ciclos impartidos no réxime de persoas adultas o proceso avaliador adaptarase ás súas peculiaridades.
O equipo docente avaliará a madureza do alumnado en relación coas finalidades da Formación Profesional, tomando como referencia os criterios establecidos para cada módulo que permiten a valoración do grao de consecución das capacidades profesionais características de cada título.
Polo menos, celebrarase unha sesión de avaliación parcial cada trimestre lectivo (avaliación parcial de módulos). En todo caso, antes do comezo do período de formación en centros de traballo realizarase unha sesión de avaliación, que condiciona o acceso ó modulo de FCT. Unha vez finalizado o período de formación en centros de traballo, realizarase a avaliación final do ciclo formativo completo. Neste momento, o equipo docente elabora un consello de orientación dirixido a cada alumno, con obxecto de asesoralo sobre a súa incorporación ó mundo do traballo.
![]()
A titulación que o alumno obtén trala superación de tódolos módulos que integran o ciclo formativo de grao superior é a de técnico superior, expedida pola Administración educativa e con validez en todo o Estado, que acredita ó seu posuidor unha capacitación asociada a un determinado perfil profesional e unha cualificación de nivel 3 dentro da Unión Europea.
![]()
Pódese acceder de xeito directo, se se cumpren determinadas condicións, ou mediante unha proba, para a que se reserva o 20% das prazas.
Nos ciclos formativos de grao superior reservarase cando menos o 3% das prazas que se oferten en cada ciclo para aqueles alumnos con algún grao de discapacidade física, motora ou sensorial acreditado,que obtivesen dictame favorable da Comisión Autonómica de Escolarización.
Para cursa-los ciclos formativos de grao superior requírese cumprir algún dos seguintes requisitos:
Posuí-lo título de Bacharelato.
Ter superado o segundo ciclo da reforma das ensinanzas medias (REM).
Ter superado o curso de orientación universitaria ou preuniversitario.
Posuí-lo título de técnico especialista, técnico superior ou equivalente para efectos académicos.
Estar en posesión dunha titulación universitaria ou equivalente.
Poden acceder mediante unha proba as persoas que non reúnan os requisitos anteriores e teñan cumpridos os 20 anos de idade ou os cumpran no ano de realización da proba.
No caso de posuí-lo título de técnico, pódese acceder mediante proba a un ciclo de grao superior da mesma familia profesional; neste caso o requisito de idade é de 18 anos.
Para maior información sobre os diferentes tipos de acceso podes consulta-la páxina:
![]()
Para coñece-los ciclos superiores formativos que podes estudiar no noso instituto pincha nesta páxina:
http://www.ieschandomonte.edu.es/cs.htm#
Se queres máis información sobre a Formación Profesional Específica podes consultar a páxina:
http://www.edu.xunta.es/fp/preguntasxerais.htm
Se só te interesa a Formación Profesional de Grao Superior podes obter información na páxina:
http://www.edu.xunta.es/fp/preguntasCS.htm