Páxina de inicio
Descrición do centro
Datos de contacto
Programación anual
Instalacións
Software Libre
A nosa oferta
E.S.O.
Bacharelatos
Ciclos Medios
Ciclos Superiores
Oferta modular
E.P.A.
Garantía Social
Inscrición e Matrícula
Validacións
Principal
Dirección
Xefatura de estudios
Actividades
Secretaría
Boletíns Oficiais
Servizos Informáticos
Cursos formación
Orientación
Profesores
Proxectos europeos
FCT
Alumnado
Bolsa de traballo
Bolsa de traballo
As ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño comprenden os estudios relacionados coas artes aplicadas, os oficios artísticos, o deseño nas suas diversas modalidades e a conservación e restauración de bens culturais.
Estas ensinanzas se estructuran nos seguintes niveis educativos:
Ciclos formativos de grao medio e de grao superior conducentes respectivamente ó título de Técnico e Técnico Superior de Artes Plásticas e deseño na especialidade correspondente.
Estudios superiores de Artes Plásticas e de Diseño, conducentes ó título superior na especialidade correspondiente, equivalente a todolos efectos á Diplomatura universitaria.
![]()
Os ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño ofrecen unha formación de calidade nos diversos campos das artes aplicadas e os oficios artísticos. Teñen unha duración de entre un ou dous anos que incluen un período de formación no centro educativo, unha fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres e a realización dun proyecto ou obra final.
A superación dun ciclo de grao medio permite obter a titulación de Técnico de Artes Plásticas e Deseño na especialidade correspondente. Esta titulación permite o acceso directo á modalidade de artes do bacharelato así como o acceso mediante proba, sempre que se teñan os 18 anos cumplidos, a un ciclo formativo de Artes Plásticas e deseño de grao superior.
A superación dun ciclo de grao superior permite obter a titulación de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño na especialidade correspondente. Esta titulación permite o acceso directo a os estudios superiores de Conservación e Restauración de bens Culturales, de Diseño, de Cerámica e de Vidro, así como a determinados estudios superiores universitarios.
Os títulos de Técnico e Técnico superior de Artes Plásticas e deseño son oficiais e teñe validez en todo o territorio do Estado.
![]()
Os centros públicos que imparten os ciclos formativos de Artes Plásticas e deseño se denominan Escolas de Arte.
Na nosa comunidade temos catro Escolas de Arte (pica en cada unha delas para amplia-la información):
| Tipo de centro | Nome do centro | Concello | Provincia |
Centro Público |
Escola de arte Pablo Picasso | A Coruña |
A Coruña |
Centro Público |
Santiago |
A Coruña |
|
Centro Público |
Lugo |
Lugo | |
Centro Público |
Ourense |
Ourense |
![]()
As ensinanzas superiores de Artes Plásticas e Deseño integran saberes artísticos, centíficos e tecnolóxicos co obxectivo de proporcionar unha formación de calidade, unha cualificación profesional e unha titulación superior nos distintos campos das artes aplicadas, a conservación e restauración de bens culturais e o deseño de mensaxes, objetos e ambentes.
A oferta educativa de estas ensinanzas superiores contempla as seguintes especialidades (pica en cada unha delas para amplia-la información):
Teñen unha duración de tres cursos académicos e, nalgúns casos, contemplan a realización posterior dun proxecto final de carreira. O título que se obten ó finalizar os estudios superiores é oficial, con validez en todo o territorio do Estado e equivalente, a todolos efectos, ó título de diplomado universitario.
![]()
Para inicia-los ciclos formativos de grao medio cumprirá dispor do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ou equivalente) e superar unha proba específica de acceso.
Poderá accederse tamén sen dispor do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, sempre que ademais da proba específica o aspirante supere unha proba de madureza. Para poder concorrer a ela cómpre, no caso dos ciclos de grao medio, ter 18 anos cumpridos ou cumprilos no mesmo ano natural en que se celebre a proba.
Para máis información consulta a páxina:
Para inicia-los ciclos formativos de grao superior cumprirá dispor do título de Bacharel (ou equivalente) e superar unha proba específica.
Están exentas de realiza-la proba específica as persoas que cursasen no Bacharelato determinadas materias concordantes cos estudios profesionais ós que queiran acceder.
Para máis información consulta a páxina:
Para inicia-los estudios superiores é necesario estar en posesión do título de Bacharel (ou equivalente) e superar unha proba específica.
Están exentas de realiza-la proba específicao alumnado que estea en posesión do título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente.
Para máis información consulta a páxina:
http://www.mec.es/educa/jsp/plantilla.jsp?id=533&area=ensenanzas-artisticas
![]()