Páxina de inicio
Descrición do centro
Datos de contacto
Programación anual
Instalacións
Software Libre
A nosa oferta
E.S.O.
Bacharelatos
Ciclos Medios
Ciclos Superiores
Oferta modular
E.P.A.
Garantía Social
Inscrición e Matrícula
Validacións
Principal
Dirección
Xefatura de estudios
Actividades
Secretaría
Boletíns Oficiais
Servizos Informáticos
Cursos formación
Orientación
Profesores
Proxectos europeos
FCT
Alumnado
Bolsa de traballo
Bolsa de traballo
Para máis información sobre matrículas e inscripción, consulta a páxina: http://www.ieschandomonte.edu.es/eso.htm
Se vas a comenzar a ESO, ¡noraboa!
¿Estás preocupado/a?. Pois non debes estalo porque se inicia para ti unha nova aventura: novo profesorado, novas amizades, novo colexio, etc.
Seguramente dixéronche que agora todo ía a ser máis difícil. Pero pronto verás que non é certo porque ti agora es capaz de facer cousas que antes parecíanche imposibles. Debes ter en conta que xa non es un/a alumno/a de Primaria. Xa non vas ó Colexio. Deixaches de ser un/a neno/a e vas a ser alumno/a de Secundaria.
Terás que estudar un pouco máis pero pensa que na vida a medida que nos facemos maiores temos máis responsabilidade e temos que traballar máis.
Sempre que os/as alumnos/as comezan a ESO amosan medo, pero iso é normal. Todos/as nos asustamos ante o descoñecido.
Máis o pouco tempo adáptanse os novos estudos e acaban ríndose dos seus antigos temores. Dende aquí, os profesores, profesoras, alumnos, alumnas e, en xeral, tódalas persoas que traballamos no instituto animámoste porque estamos desexosos de axudarte, porque queremos que comeces o Primeiro da ESO coa alegría do que se enfronta a un novo reto, a unha nova aventura. Todos e todas estamos seguros do teu triunfo.
Agora pasamos a informarte de algunhas cousas que che interesa coñecer de cara os teus novos estudos.
![]()
Despois da Educación Primaria ven a Educación Secundaria Obrigatoria. As dúas etapas forman o período de educación básica que dura dez anos e abarca dende os 6 ós 16 anos.
A Educación Secundaria Obrigatoria comprende catro cursos e abarca dende os 12 ós 16 anos.
![]()
As materias que os alumnos/as deberán cursar o longo dos catro anos que dura a Etapa son de dous tipos:
As asignaturas comúns que todo a alumnado debe cursar obrigatoriamente.
As asignaturas optativas que cada alumno/a debe escoller entre as que lle ofrece o instituto.
En setembro terás a oportunidade de examinarte de aquelas áreas que non fuches capaz de superar durante o curso.
As áreas de estudio obrigatorio son as seguintes:
As áreas optativas que o noso instituto ofrece ó alumnado para que escolla según as súas preferencias, aparecen a continuación separadas por cursos:
|
||
OPTATIVAS (Elixir unha)
|
||
|
||
OPTATIVAS (Elixir unha)
|
||
|
||
OPTATIVAS (Elixir unha)
|
||
|
||
ITINERARIOS (Elixir un itinerario) |
||
Tecnolóxico
|
Ciencias da saúde
|
Humanidades e Ciencias Sociais
|
OPTATIVAS (Elixir unha que non fora elixida en 3º da ESO, agás Francés)
|
||
![]()

Normalmente vas ter un profesor ou profesora diferentes para cada materia. Un deles será o teu titor ou titora.
Cada semana o/a titor/a terá unha hora para reunirse co seu grupo de alumnos. Nese tempo, poderedes comentarlle os vosos problemas, inquedanzas, etc. Non dubides en acudir a el/ela cando necesites información ou teñas algún problema. Sempre estará disposto/a a axudarte.
O alumnado que supere os catro cursos recibe a titulación de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
Este título da acceso ó Bacharelato e á Formación Profesional de Grao Medio.
Se tes algunha dúbida pregunta no teu colexio ou, si queres, podes facernos unha visita. O Orientador estará moi contento de falar contigo.
Si tes o título de Graduado en Educación Secundaria tes diferentes opcións.
Cursar Bacharelato.
Cursar un Ciclo Formativo de Formación Profesional de Grao Medio.
Acceso a Ensinanzas de Réxime Especial:
Se non conseguiches remata-los teus estudios, non te desesperes, sempre estás a tempo de facelo a través das ensinanzas de adultos. Mais agora as opcións que tes son a seguintes:
Facer un Programa de Garantía Social.
Integrarte no mundo do traballo.
![]()
Podes xogar e, ó mesmo tempo, repasar e aprender cousas novas. O estudio non ten porque ser unha actividade aburrida.
Pincha nestas páxinas e divírtete:
Primeiro da ESO
![]()
Segundo da ESO:
![]()
![]()
Cuarto da ESO
![]()