Páxina de inicio
Descrición do centro
Datos de contacto
Programación anual
Instalacións
Software Libre
A nosa oferta
E.S.O.
Bacharelatos
Ciclos Medios
Ciclos Superiores
Oferta modular
E.P.A.
Garantía Social
Inscrición e Matrícula
Validacións
Principal
Dirección
Xefatura de estudios
Actividades
Secretaría
Boletíns Oficiais
Servizos Informáticos
Cursos formación
Orientación
Profesores
Proxectos europeos
FCT
Alumnado
Bolsa de traballo
Bolsa de traballo 
A educación e promoción das persoas adultas no ámbito do sistema educativo non universitario comprende o conxunto de accións de carácter educativo, cultural, social e profesional orientadas a tódolos cidadáns que superaron a idade de escolaridade obrigatoria de xeito que lles posibilite acada-los niveis educativos e profesionais e a súa formación persoal, así como a súa integración e promoción satisfactoria no mundo social e laboral.
As ensinanzas de educación de persoas adultas terán como finalidade:
![]()
A educación de persoas adultas abrangue:
Ensinanzas iniciais do ensino básico para as persoas adultas. Tales ensinanzas estructúranse en dous niveis:
Ensinanzas conducentes á obtención do título de Graduado en Educación Secundaria, ou nivel III.
No réxime de adultos, a ESO organízase en módulos. Cada un dura un cuadrimestre e cada curso da ESO equivale a un módulo, podendo cursarse en dous anos académicos a través da modalidade presencial ou a distancia.
O alumno/a accede ó módulo que lle corresponde según o seu expediente.
Ensinanzas de bacharelato, na modalidade presencial, preferentemente en horario vespertino, e a distancia.
Ciclos formativos de grao medio e grao superior na modalidade presencial, preferentemente en horario vespertino, e a distancia.
Formación para a aprendizaxe de idiomas:
Formación para o mundo laboral:
Preparación para as probas libres de bacharel e para o acceso á universidade.
Obtención do título de bacharel a través da proba libre para maiores de 23 anos e formación para a preparación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Actividades de formación sociocultural:
Programas integrados que, respondendo ós obxectivos marcados na Lei 9/1992, do 24 de xullo, de educación e promoción de adultos, e na Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, resulten da colaboración de organismos, institucións, entidades e empresas públicas ou privadas.
Programas elaborados para o necesario coñecemento da economía, xeografía, sociedade, historia, natureza e cultura galegas.
Programas de desenvolvemento comunitario e de animación socio-cultural que, no ámbito da administración educativa, estean orientados á consecución das finalidades que se indican no artigo 3º deste decreto.
![]()
Estas ensinanzas poderán seguirse mediante as modalidades:
Presencial. Caracterízase pola asistencia continuada dos alumnos ós centros, en horarios compatibles co traballo, para realiza-las actividades previstas nos correspondentes programas.
Semipresencial. É a dirixida a aqueles que, por diversas circunstancias, presentan dificultades para unha asistencia continuada ó centro; a súa aprendizaxe apoiarase no emprego dos diferentes medios de comunicación e nos actos presenciais periódicos para actividades de orientación, titoría e prácticas.
A distancia. Dirixida preferentemente á poboación adulta con dificultades de desprazamento ou asistencia, utilizará un ou varios medios de comunicación para o ensino-aprendizaxe e actos presenciais para actividades de orientación, titoría e prácticas.
![]()
Como norma xeral, poden matricularse na ensinanza de adultos tódalas persoas que cumpran dezaoito anos no ano en que se formaliza a matrícula.
Hai algunhas excepcións a esta norma. Así, poderán matricularse nesas ensinanzas as persoas que teñan cumpridos dezaseis anos e cumpran algunha destas condicións:
Que estean facendo ou fixeran xa un Programa de garantía social.
Que necesiten estar escolarizados para a realización dun contrato de traballo de formación.
Que non poidan seguir escolarizados nun centro ordinario pola aplicación do disposto na Orde do 25 de maio de 1994 (punto décimo primeiro).
![]()
|
MÓDULO NO QUE SE FAI A MATRÍCULA |
É REQUISITO IMPRESCINDIBLE HABER SUPERADO ALGÚN DOS SEGUINTES ESTUDIOS |
|
Primeiro ciclo |
Módulo I |
|
Módulo II |
|
|
Segundo ciclo |
Módulo III |
|
Módulo IV |
|
|
![]()
CADRO DE EQUIVALENCIAS, ENTRE O SISTEMA EDUCATIVO DA LEI DE 1970, A ESO E OS MÓDULOS CORRESPONDENTES Á EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS.
SISTEMA EDUCATIVO DE 1970 |
EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA |
EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA PERSOAS ADULTAS |
| 7º da Educación Xeral Básica | 1º da Educación Secundaria Obrigatoria |
Módulo I Nivel III |
| 8ºde Educación Xeral Básica e título de graduado escolar ou certificado de escolaridade | Segundo curso da educación secundaria obrigatoria |
Módulo II Nivel III |
| Primeiro curso de bacharelato unificado e polivalente con dúas materias pendentes, como máximo, ou primeiro curso de formación profesional de primeiro grao. | Terceiro curso da educación secundaria obrigatoria. | Módulo III Nivel III |
| Segundo curso de bacharelato unificado e polivalente ou segundo curso de formación profesional de primeiro grao e título de técnico auxiliar. | Cuarto curso de educación secundaria obrigatoria. Título de graduado en educación secundaria |
Módulo IV Nivel III Título de Graduado en Educación Secundaria |
![]()
Para máis información consulta a páxina:
http://www.ieschandomonte.edu.es/epa.htm
![]()