Páxina de inicio
Descrición do centro
Datos de contacto
Programación anual
Instalacións
Software Libre
A nosa oferta
E.S.O.
Bacharelatos
Ciclos Medios
Ciclos Superiores
Oferta modular
E.P.A.
Garantía Social
Inscrición e Matrícula
Validacións
Principal
Dirección
Xefatura de estudios
Actividades
Secretaría
Boletíns Oficiais
Servizos Informáticos
Cursos formación
Orientación
Profesores
Proxectos europeos
FCT
Alumnado
Bolsa de traballo
Bolsa de traballo
BACHARELATOPara máis información consulta a páxina: http://www.ieschandomonte.edu.es/bach.htm
![]()
Os alumnos e alumnas que habendo obtido o título de Graduado en Educación Secundaria desexen seguir estudiando, poden elixir varias opcións. Unha de elas é o Bacharelato, unha etapa educativa que:
Dura dous cursos e ten as seguintes finalidades:
Completar a formación recibida durante a Educación Secundaria Obrigatoria.
Preparar ó alumnado para estudios posteriores.
Orientar ó alumnado sobre os estudios e profesións que mellor se adapten ós seus intereses e capacidades.
![]()
Poderán acceder ó Bacharelato aqueles alumnos e alumnas que cumpran algún dos requisitos seguintes:
Posuí-lo título de Graduado en Educación Secundaria.
Ter quitado o título de Técnico Auxiliar da F.P.1.
Ter aprobado o 2º curso do B.U.P.
Ter rematados os cursos comúns dos estudos de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos.
Así mesmo, poderán acceder directamente ás modalidades que se determinen os alumnos que obtivesen o título de Técnico despois de cursa-la Formación Profesional Específica de grao medio, segundo o disposto no artigo 35.3 da Lei Orgánica1/1990, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo. O Ministerio de Educación e Cultura regulará o acceso a cada unha das modalidades, tendo en conta a relación cos estudos de Formación Profesional cursados.
![]()
Hai catro tipos de Bacharelato:
Según os estudios que vaias a realizar despois, deberás elixir unha de estas modalidades.
No segundo curso cada modalidade organízase en opcións por lo que terás que elixir de novo.
MODALIDADES |
OPCIONES |
Ciencias de a Natureza e da Saúde. |
|
Humanidades e Ciencias Sociais. |
|
Tecnoloxía. |
|
Artes. |
|
![]()
Materias comúns. Son as mesmas para as catro modalidades:
PRIMEIRO CURSO
|
SEGUNDO CURSO
|
Materias propias da modalidade. Varían según a modalidade elixida.
Materias optativas. unha en primeiro e outra en segundo.
![]()
Tras aprobar tódalas materias, obtense o título de BACHAREL que faculta para acceder a:
![]()
As materias vinculantes son asignaturas específicas de cada opción e das que terás que examinarte na Proba de Acceso a Universidade (PAU) se desexas continuar estudios universitarios.
A PAU pódese realizar a través dunha ou varias das opcións que ofrecen as diferentes modalidades de Bacharelato L.O.G.S.E. sempre que teñas superadas as materias vinculantes de ditas opcións.
Cando te decidas por unha carreira universitaria, un ciclo formativo de grao superior ou simplemente unha modalidade de Bacharelato, é moi importante que coñezas as materias vinculantes correspondentes.
Modalidade de Bacharelato |
Opcións |
Materias vinculantes |
Artes |
Opción PAU Artes |
Debuxo artístico e Hª do Arte |
Tecnolóxico |
Opción PAU Científico-Técnica |
Matemáticas e Física |
Ciencias da Natureza e da Saúde |
Opción PAU Ciencias da Saúde Opción PAU Científico-Técnica |
Matemáticas e Física Bioloxía e Química |
Humanidades e Ciencias Sociais |
Opción PAU Humanidades Opción PAU Ciencias Sociais |
Latín Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais |
![]()
A Proba de Acceso a Universidade consta de dúas partes.
A primeira parte da proba, de carácter xeral, versa sobre as materias comúns do segundo curso do bacharelato.
O seu obxectivo é aprecia-la formación xeral do alumno e estará concibida para avaliar destrezas académicas básicas, como a comprensión de conceptos, o manexo da linguaxe, as capacidades para analizar, relacionar e sintetizar, expresar ideas e así mesmo o coñecemento dunha lingua estranxeira.
Esta primeira parte da proba constará de catro exercicios dunha hora e media de duración:
a) Composición dun texto de carácter histórico ou filosófico:
Composición dun texto sobre un tema ou cuestión de carácter histórico ou filosófico a partir de diversas fontes documentais incluídas na proposta de exame. A composición deberá integra-los coñecementos do alumno e a información facilitada. Nesta proposta ofertaránselle ó alumnado dúas probas de entre as que elixirá unha. A devandita elección farase polo alumnado no formulario de solicitude de vía ou vías pola/s que o alumno se presenta ás PAAU, no momento de matricularse para as PAAU.
O alumnado que teña superado o 2º curso do bacharelato no curso 2002-2003 ou anteriores, deberá examinarse obrigatoriamente da composición dun texto sobre un tema ou cuestión de carácter histórico.
b) Análise dun texto en idioma estranxeiro da linguaxe común non especializada:
A partir do texto proposto, o estudiante realizará un comentario persoal e responderá a cuestións relacionadas co texto, que serán plantexadas e respondidas por escrito no mesmo idioma, sen axuda de diccionario nin de ningún outro material didáctico. Nesta proposta ofertaránselle ó alumnado dúas probas de entre as que elixirá unha.
c) Análise e comprensión dun texto de lingua castelá:
A proposta, que consistirá en dúas probas das que o alumno elixirá unha, constará de tres partes, nas que se medirá: a capacidade de análise e síntese do contido do texto mediante a elaboración dun resume e/ou esquema; o comentario crítico sobre o contido do texto e as respostas a un cuestionario de lingua castelá e literatura relacionadas co texto.
d) Análise e comprensión dun texto de lingua galega:
A proposta, que consistirá en dúas probas das que o alumno elixirá unha, constará de tres partes, nas que se medirá: a capacidade de análise e síntese do contido do texto mediante a elaboración dun resume e/ou esquema; o comentario crítico sobre o contido do texto e as respostas a un cuestionario de lingua galega e literatura relacionadas co texto. Os alumnos que teñan exención en lingua galega non terán que facer este exercicio.
A segunda parte da proba, de carácter específico, versa sobre tres materias propias de modalidade do segundo curso do bacharelato: entre elas necesariamente incluiranse as dúas materias vinculadas a cada vía de acceso; a terceira elixirase libremente polo estudiante entre as propias de modalidade cursadas no segundo curso.
Respecto a estas materias, o alumno necesariamente deberá examinarse, como xa se dixo antes, das seguintes disciplinas vinculadas ás vías de acceso que se sinalan:
VÍAS |
MATERIAS VINCULADAS |
- Vía Científico - Técnica: |
Matemáticas e Física. |
- Vía Ciencias da Saúde: |
Bioloxía e Química. |
- Vía Humanidades: |
Latín e Historia da Arte. |
- Vía Ciencias Sociais: |
Matemáticas Aplicadas ás CC. Sociais e Xeografía. |
- Vía Artes: |
Debuxo Artístico e Historia da Arte. |
O alumnado da vía de Humanidades que teña superado o 2º curso do bacharelato no curso 2002-2003 ou anteriores, examinarase das materias de Latín e Historia da Filosofía.
En cada unha destas materias ofertaránselle ó alumno dúas opcións de entre as que elixirá unha ou un único exame con diversas posibilidades de resposta. Estes exames poderán incluír comentarios, cuestións ou repertorios de problemas ou preguntas.
A duración das probas destas materias será de hora e media para cada unha delas.
Para a superación da proba, os estudiantes poderán presentarse por unha ou dúas das vías de acceso previstas:
Constará de tres exercicios dunha hora e media de duración, sobre unha proposta a escoller entre dúas que se lle entregarán ó alumnado. Os exercicios versarán sobre tres materias propias de modalidade do segundo curso, entre as que deben figurar as dúas vinculadas á vía pola que se accede.
Constará de catro exercicios dunha hora e media de duración cada un deles, sobre unha proposta a escoller entre dúas que se lle entregarán ó alumnado. Neste caso os alumnos deberán examinarse das catro materias vinculadas ás vías de acceso elixidas.
CUALIFICACIÓN DOS EXERCICIOS
Cada un dos exercicios que compoñen a proba de acceso cualificarase entre cero e dez puntos.
A cualificación da primeira parte da proba será a media aritmética dos catro exercicios que o compoñen.
A cualificación da segunda parte da proba se fará do seguinte xeito:
Alumnos que se presenten por unha vía de acceso (3 exercicios): obterase sumando o 40 por 100 das cualificacións obtidas en cada unha das materias vinculadas á vía e o 20 por 100 da cualificación obtida na materia de libre elección:
Materia vinculada á vía * 0,4 + Materia vinculada á vía * 0,4 + Materia de libre elección * 0,2
Alumnos que se presenten por dúas vías de acceso (4 exercicios): os alumnos terán dúas cualificacións, unha por cada vía de acceso que se obterá sumando o 40 por 100 das cualificacións obtidas en cada unha das materias vinculadas á vía e o 20 por 100 da cualificación máis alta das obtidas nas materias correspondentes á outra vía:
Materia vinculada á vía * 0,4 + Materia vinculada á vía * 0,4 + Materia da outra vía con mellor nota * 0,2
No caso dos alumnos que se presenten polas vías de Humanidades e Artes, que se examinaran de tres materias (Latín, Historia da Arte e Debuxo Artístico), a cualificación da 2ª parte da proba obterase sumando o 40 por 100 das cualificacións obtidas en cada unha das materias vinculadas á vía e o 20 por 100 da cualificación obtida na materia correspondente á outra vía.
Materia vinculada á vía * 0,4 + Materia vinculada á vía * 0,4 + Materia da outra vía * 0,2
A cualificación global da proba será a media aritmética das cualificacións obtidas nas dúas partes.
Para ser declarado apto por unha vía de acceso deberase obter, alomenos, catro puntos na cualificación global desa vía.
Cando se acceda por dúas vías, para a segunda parte da proba haberá dúas cualificacións, unha para cada unha das vías, calculadas polo mesmo procedemento establecido no apartado anterior.
A cualificación definitiva para o acceso á universidade calcularase ponderando un 40 por 100 a cualificación da proba e un 60 por 100 a nota media do expediente académico do alumno no bacharelato. Para considerar superada a proba de acceso á universidade por unha vía, deberase acadar unha puntuación de cinco ou superior na cualificación definitiva.
Os criterios específicos de avaliación establecidos polos Directores dos Grupos de Traballo de cada materia do bacharelato faranse públicos unha vez realizados os exames e servirán de base para a corrección dos exercicios e resolución das revisións dos exames que soliciten os alumnos. Nos modelos que se entreguen ós alumnos se fará constar a puntuación máxima que se outorgará a cada pregunta.
Unha vez publicadas as cualificacións das probas os alumnos disconformes coas cualificacións outorgadas terán dous procedementos diferenciadospara solicitar a revisión dos exercicios:
Dobre corrección: os alumnos poderán solicitar ante o presidente do Tribunal Único, no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte á publicación das cualificacións, unha segunda corrección dos exercicios nos que consideren que se produciu unha aplicación incorrecta dos criterios específicos de avaliación. A cualificación resultará da media aritmética de ámbalas correccións, agás nos casos de erros de suma, nos que a cualificación será a que resulte correcta e non a media aritmética. No suposto de que existise unha diferencia de tres ou máis puntos entre ambas cualificacións, un tribunal distinto efectuará unha terceira corrección, outorgando a cualificación que resolverá a revisión solicitada.
Sobre a cualificación outorgada polo tribunal, resolución que xunto coas actas de cualificación se fará pública na CiUG e nos LERDs e que terá efectos de notificación oficial ós interesados, os alumnos que solicitasen a dobre corrección poderán presentar reclamación mediante escrito razoado ante a Comisión Organizadora, no prazo de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación da resolución do tribunal á que se refire o apartado anterior. A resolución adoptada pola comisión organizadora porá fin á vía administrativa. Os alumnos deberán utilizar exclusivamente para a presentación destas reclamacións os impresos específicos contidos nos sobres de matrícula.
Reclamación: os alumnos poderán solicitar ante a Comisión Organizadora, no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte á publicación das cualificacións, reclamaciónsobre a cualificación outorgada tra-la primeira corrección. A Comisión comprobará si a corrección se axusta ou non ós criterios xerais e específicos de avaliación. Os alumnos deberán utilizar exclusivamente para a presentación desta reclamación o impreso específico contido nos sobres de matrícula. A resolución adoptada pola comisión organizadora que xunto coas actas de cualificación se fará pública na CiUG e nos LERDs e que terá efectos de notificación oficial ós interesados, porá fin á vía administrativa, quedando excluida a posibilidade de solicita-la segunda corrección á que se refire o apartado anterior.
Cada alumno disporá de catro convocatorias como máximo para supera-las probas. Non se considera consumida a convocatoria na que o alumno non se teña presentado a ningún exercicio.
Coa finalidade de mellora-la súa cualificación, os alumnos que teñan superadas as probas de aptitude para o acceso á universidade poderán volver a realizalas tantas veces como desexen en calqueira outra convocatoria. Cando se faga uso desta posibilidade, a proba realizarase por unha soa das distintas vías de acceso previstas.
As novas probas deberanse realizar na mesma universidade, agás que se xustifique debidamente un cambio de residencia.
Neste suposto os alumnos poderán, non obstante, formalizar a súa matrícula na universidade no ano en curso. No caso de non mellora-la súa cualificación, manterase a cualificación superior acadada con anterioridade.
O cálculo da nota media do expediente dos alumnos que teñan cursado o 2º curso do bacharelato previsto na Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, débese facer conforme co disposto na Orde do 10 de decembro de 1992 (B.O.E. do 12 de xaneiro de 1993) e na Resolución do 21 de decembro de 1995 (B.O.E. do 11 de xaneiro de 1996).
Nas devanditas Ordes establécese que: “A nota media do expediente farase computando, exclusivamente, as cualificacións obtidas nas materias comúns, específicas e optativas dos dous cursos da modalidade de bacharelato cursada ou, no seu caso, dos cursos declarados equivalentes nos cadros recollidos nos Anexos I, II e VI do Real Decreto 986/1991, do 14 de xuño”. Polo tanto, para os alumnos que estean a cursar o 2º curso de Bacharelato LOXSE e procedan do anterior sistema educativo, o curso equivalente ó 1º curso do Bacharelato LOXSE será o 3º curso do B.U.P.
Para a obtención desta nota media consignarase un só decimal, decimal que se determinará mediante o seguinte redondeo: cando as centésimas da cualificación sexan iguais ou superiores a cinco redondearase por exceso; e cando as centésimas da cualificación sexan iguais ou inferiores a catro redondearase por defecto.
Para o cálculo da nota media do expediente non incluirase a cualificación obtida nas ensinanzas de relixión católica, de conformidade co disposto no artigo 16.3º do Real decreto 1700/1991, do 29 de novembro (B.O.E. do 2 de decembro).
![]()
No noso instituto impártense duas modalidades:
As materias propias de cada modalidade e as optativas que se ofertan son as seguintes:
1ºcurso |
|||
Modalidades: |
TECNOLÓXICO |
HUMANIDADES e CIENCIAS SOCIAIS |
|
Opcións |
CIENCIAS E ENXENERÍA TECNOLOXÍA INDUSTRIAL |
HUMANIDADES |
CIENCIAS SOCIAIS |
Materias propias da modalidade
|
Matemáticas Física e Química Dibuxo Técnico I |
Historia Latín I Grego I |
Historia Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I Economía |
Materias optativas (elixir unha) |
Tecnoloxía I Bioloxía Economía Francés I Música I |
Literatura Universal I Ética ou Filosofía do dereito Música Francés I |
Literatura Universal I Ética ou Filosofía do dereito Música Francés I |
2ºcurso |
||||||||||
Modalidades: |
TECNOLÓXICO |
HUMANIDADES e CIENCIAS SOCIAIS |
||||||||
Opcións |
CIENCIAS E ENXENERÍA |
TECNOLOXÍA INDUSTRIAL |
HUMANIDADES |
CIENCIAS SOCIAIS |
||||||
Materias propias da modalidade |
Matemáticas Física e Química Dibuxo Técnico II |
Tecnología Industrial II Electrotecnia
|
Historia do Arte Latín II
|
Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais II Xeografía Economía e organización de empresas. |
||||||
Materias optativas (elixir unha) |
Química, Bioloxía, Francés II e Música II |
Francés II, Música II e Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía |
||||||||
Non se pode elixir unha materia con índice II se non se elixiu en Primeiro curso a correspondente de índice I nin matricularse en Bioloxía se non se cursou en primeiro Bioloxía e Xeoloxía.
![]()
Despois do Bacharelato podes escoller entre:
OS ESTUDOS UNIVERSITARIOS, vinculados á modalidade de Bacharelato cursado.
OS CICLOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO SUPERIOR relacionados co Bacharelato cursado.
CICLOS FORMATIVOS E ESTUDOS SUPERIORES DE ENSINANZAS ARTÍSTICAS, por medio do sistema de acceso establecido.
OUTROS ESTUDOS como: Piloto civil, Estudos Militares Superiores, etc.
![]()
Podes repasar ou estudiar dun xeito máis ameno se pinchas nestas páxinas:
![]()
![]()