IES Chan Do Monte
Chan do Monte, 23 -MOGOR- 36911-MARÍN
(Pontevedra)
Tel:986.88.33.05 - 986 88.36.79 Fax:986 89.17.37

 

Exención do módulo de FCT pola práctica laboral

 

O módulo profesional de FCT é susceptible de exención pola súa correspondencia coa práctica laboral. Débese acreditar unha experiencia laboral correspondente ao traballo a tempo completo dun ano, relacionada cos estudos profesionais respectivos (no caso de contratos a tempo parcial, os días de cotización deberán ser equivalentes a un ano a tempo completo).

A solicitude de exención deberá presentarse polo menos 20 días hábiles antes do inicio das actividades programadas do módulo de FCT.

A exención poderá ser total ou parcial, dependendo da correspondencia que haxa entre a experiencia acreditada e os contidos do módulo formativo de FCT.

O alumno/a deberá presentar na secretaría do centro a seguinte documentación:

a) Solicitude de exención á dirección do centro docente onde se estea matriculado.

b) Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ou da mutualidade laboral á que se estivese afiliado ou afiliada, na que conste a empresa, a categoría laboral, o grupo de cotización e o período de contratación ou, de ser o caso, o período de cotización en réxime especial de traballadores autónomos, ou calquera outro medio de proba admitido en dereito.

c) Certificación de la empresa na que se especificamente a duración do contrato, as actividades desenvolvidas e o período en que se realizaron estas actividades. No caso de traballadores e traballadoras por conta propia, certificación de alta no censo de obrigados tributarios, cunha antigüidade dun ano, así como unha declaración da persoa interesada das actividades máis representativas.

O titor/a, en colaboración co equipo docente, logo da análise da documentación achegada, deberá emitir un informe e unha proposta, que lle farán chegar á dirección do centro, sobre a concesión ou non da exención totalou parcial, de ser o caso.

A dirección resolve a concesión ou non da exención total ou parcial e deberá comunicaráselle por escrito á persoa solicitante no prazo de 10 días.

 

Documentos Modelo de solicitude de exención

Documentos Modelo de Certificación da empresa

 

 

Atrás (Voltar)

 

Cofinanciado polo Fondo Social EuropeoXunta de Galicia