Páxina de inicio
Descrición do centro
Datos de contacto
Programación anual
Instalacións
Software Libre
A nosa oferta
E.S.O.
Bacharelatos
Ciclos Medios
Ciclos Superiores
Oferta modular
E.P.A.
Garantía Social
Inscrición e Matrícula
Validacións
Principal
Dirección
Xefatura de estudios
Actividades
Secretaría
Boletíns Oficiais
Servizos Informáticos
Cursos formación
Orientación
Profesores
Proxectos europeos
FCT
Alumnado
Bolsa de traballo
O módulo profesional de Formación en Centros de Traballo (FCT) é un bloque de Formación Específica con contidos organizados ao redor de actividades productiva propias do perfil profesional e ten carácter obrigatorio tanto nos ciclos medios como nos superiores, así como nos programas de garantía social da modalidade de iniciación profesional
O máis relevante da FCT é que se desenvolve nas empresas. Os alumnos poden observar e desempregar actividades e funcións propias dos postos de traballo dunha profesión, coñecer a organización dos procesos productivos ou de servizos e das relacións laborais, sempre orientados e asesorados polos titores do centro educativo e do centro de traballo.
É obrigatorio, o que significa que para a obtención dos correspondentes títulos todos os alumnos deben realizar e superar coa cualificación de "apto" o devandito módulo de formación práctica.
Está regulado por un convenio específico que constitúe un acordo formal entre un centro educativo e unha empresa ou institución para a realización do módulo.
Non existe relación laboral, polo que non procede remuneración ó alumno.
Prográmase previamente; a realización deste módulo está sometida a un programa formativo elaborado por a cordo entre o centro educativo e o centro de traballo.
Implica a realización de actividades productivas nun contorno real.
Está dirixido por dous titores, un do centro educativo e outro da empresa.
O alumnado está cuberto polo seguro escolar e por dúas pólizas específicas (de responsabilidade civil e de accidentes corporais) subscritas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Como norma xeral, realízase ó final do ciclo formativo, nun só período e de xeito ininterrompido.
A realización da FCT require que centros educativos e empresas colaboren. É necesaria a fimar dun convenio de colaboración entre as dúas institucións, neste convenio comprométense a:
Designar dous titores, un na empresa e outro no centro educativo, para o seguimento e avaliación dos alumnos.
Acordar un "programa formativo" que contemple as actividades que realizarán os alumnos na empresa.
As características máis relevantes do convenio son as que seguen:
Non implica relación laboral alumnos e empresa.
O Seguro Escolar, ademáis dun Seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes, cubre as posibles continxencias dos alumnos na empresa.